Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

De Muxía a Cee no coche da casa para que os mozos poidan seguir estudando

Nais e pais da vila da Barca demandan un servizo de transporte público // “Non pedimos colaboración, só que se faga valer un dereito co que naceron os nosos fillos”

Nais e pais de alumnos do IES Ramón Caamaño, de Muxía, cansos de que ninguén os escoite, decidieron alzar as súas voces para demandar un servizo de transporte público para que os seus fillos e fillas poidan continuar os seus estudos nos institutos de Cee, que son ademais aos que está adscrito o centro muxián, xa que tan só hai unha liña de autobús convencional polas mañás, pero non ten retorno.

Esto obriga a que sexan os propios pais ou familiares quenes teñan que botar man dos seus coches particulares para levar e buscar os rapaces a Cee. O problema non é novo, pois xa vén de anos atrás, pero “esto non pode seguir así”, afirma Begoña Quintáns portavoz dos afectados.

O seu fillo remata este curso a ESO en Muxía e, coma el, preto de trinta estudantes máis. “Non pedimos colaboración, só que se faga valer o dereito co que naceron os nosos fillos e fillas”, engade.

As súas peticións xa as trasladaron ás consellerías de Educación e Infraestruturas e Mobilidade, e tamén ás empresas de transporte Mombús e Arriva pero, de momento, non recibiron resposta algunha. Tamén llo fixeron saber ao alcalde, quen, ao parecer xa trasladou a queixa en varias ocasións, pero sen que surtirá efecto algún.

As nais e pais contán, eso sí, co apoio da veciñanza, ademais do Consello Escolar e das direccións do IES de Muxía e dos institutos de Cee.

Moitas veces, sinala Begoña, “preguntámonos onde vivimos, en España ou en Etiopía?”. Sinala que esta situación, senón cambia, “fai que teña que decidir se deixo de traballar eu para poder levar o meu fillo a Cee, ou se el ten que deixar de estudar”.

Subliña que esta falta de servizos é á que provoca a despoboación do rural e dos pobos pequenos, “pois é máis rendible que o meu fillo vaia estudar para A Coruña, pero eu non quero que marche porque sei que cando remate os estudos xa non vai volver, pois buscarase a vida na cidade ou noutros lugares”.

Lamenta que a discriminación entre o rural e as urbes sexa cada vez maior. “Teño un sobriño na Coruña e el pode desprazarse por toda a cidade de xeito gratuíto cunha tarxeta, e o meu fillo, nin pagando, pode coller un autobús para ir estudar a Cee”.

28 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.