Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Demandan a continuación do paseo de Camariñas na zona do Cansorro

CAMARIÑAS. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o primeiro tenente de alcalde, Sergio Caamaño, reuníronse este xoves coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, para solicitarlle que leve a cabo a continuación do paseo marítimo na zona do Cansorro.

No encontro presentáronlle á presidenta do ente, dependente da Consellería do Mar, un proxecto redactado por un técnico municipal co obxectivo de mellorar a seguridade viaria para os peóns nese punto onde remata o paseo marítimo.

A proposta inclúe a construción dun sobreancho sobre a ribeira do mar, con materiais similares ao paseo actual do porto de Camariñas. Así, crearíase unha estrutura de aceiro inoxidable sobre a que se colocaría unha tarima de madeira tratada para exteriores e varandas de aceiro inoxidable. Ademais, o proxecto contempla a instalación de luminarias tipo LED ao longo do novo itinerario.

Sandra Insua explica que “agora mesmo, nese punto, hai unha evidente falta de seguridade para os peóns xa que ao rematar o paseo teñen que circular ocupando a estrada polo escaso arcén co que conta esta”.

Destaca ademais que “desde que instalamos as letras de Camariñas esta é unha zona moi transitada por veciños e visitantes, que van a sacar fotos de recordo, polo que esta actuación é urxente”. M. LAVANDEIRA

28 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.