Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Denuncian o pésimo alumeado en Silleda

O PP non entende o apagón que sofren algunhas rúas de Bandeira e tamén da capital municipal

O partido Popular de Silleda solicitou o acendido de todo o alumeado público da rúa Lourás na Bandeira, xa que hai tramos que se encontran totalmente a escuras, o que imposibilita que os veciños poidan desprazarse camiñando ata o auditorio ou o campo de fútbol da Gandareira.

Os populares lamentaron que dende o Concello se manteñan nestas épocas do ano apagadas parte das farolas desta rúa. “Nestas datas oscurece moi pronto, pero tanto no campo do fútbol como no auditorio segue habendo actividades, e cando saen os rapaces está todo tan escuro que e imposible que volten camiñando as súas casas cun mínimo de seguridade”, din.

Según valoraron dende as filas populares, “de nada vale que se fagan investimentos ou pidamos subvencións, se despois mantemos apagado o alumeado e non se lle fai un axeitado mantemento. Gastamos moitos cartos en obras que se volven inútiles por este tipo de problemas”.

Para o voceiro do Partido Popular, este problema non é algo puntual e vense sumar ás dificultades que presentan moitas rúas da Bandeira e de Silleda. “Estamos vendo como as rúas dos dous núcleos están sofrindo continuamente apagóns, e moitas teñen unha iluminación moi deficiente, e sen embargo dende o Concello aínda por encima apáganse moitas das farolas que están instaladas, cando a iluminación é unha prioridade fundamental no noso municipio, sobre todo nesta época do ano. Está moi ben que falen de camiños escolares seguros, de que a xente camiñe e non utilice o coche, pero non hai camiños seguros sen unha boa iluminación, e ningún veciño se bota a andar ou deixa ir ós rapaces camiñando ás actividades se non hai unha boa iluminación que garanta a seguridade”, indican.

O voceiro popular volveu solicitar un maior esforzo dende a administración local para solventar estes problemas. “Dende o Concello non poden seguir mirando para outro lado; a iluminación é moi deficiente e teñen que facer algo para solucionar estes problemas”, manifestou.

21 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.