Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Desempregados mozos arranxan os vestiarios do pavillón de Cordeiro

Dezaseis xóvenes aprenden a especialidade de albanelería // Tamén adaptan os aseos a persoas con mobilidade reducida

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Emprego, Carmen Gómez, visitaron esta semana as obras que están a realizar os participantes no Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña-Valga, un proxecto que desenvolven conxuntamente estes dous concellos e no que participan dezaséis mozos desempregados de entre 18 e 30 anos de idade.

Os representantes do Concello achegáronse ao pavillón municipal de Cordeiro, onde os aprendices da especialidade de albanelería executan traballos de mellora dos vestiarios e dos aseos.

A actuación inclúe a demolición das vellas instalacións, o repicado de azulexos e plaqueta, unha nova distribución das duchas e aseos (que serán adaptados a persoas con mobilidade reducida) e a colocación de novos revestimentos.

O rexedor animou aos alumnos a realizar un último esforzo nesta recta final do obradoiro, que ten prevista a súa clausura para o vindeiro 13 de novembro e que tivo un ano de duración. Foi cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89% a través do programa Operativo 2014-2020.

Pero non son estas as únicas obras que se levan a cabo na instalación deportiva na que a cotío se practica fútbol sala, baloncesto, tenis e patinaxe. Cun investimento de 127.500 euros, financiado conxuntamente polo Concello e a Xunta tamén se están a substituir as chapas metálicas das fachadas norte e este do edificio para eliminar as humidades, ó tempo que se traballa na retirada do óxido e corrosión das estructuras metálicas dun pavillón que xa ten trinta anos.

Trala visita ao pavillón, a concelleira Carmen Gómez trasladouse ata Xanza, onde o alumnado do módulo de forestais se atopa realizando labores de limpeza e poda de árbores no entorno da escola desta parroquia.

27 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.