Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Despuntan os viños, augardentes e licores tradicionais galegos

Feijóo reivindicou o sector da viticultura, que achega un valor superior aos 230 millóns anuais

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mércores a presentación a vindeira semana da nova estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas para afondar na calidade e a venda e garantir a remuda xeracional.

“Estamos a falar dunha iniciativa conxunta do sector, a Xunta e a Fundación Juana de Vega, dotada con máis de 700.000 euros”, engadiu, subliñando que o Goberno galego seguirá traballando con esta industria, achegando ferramentas que consoliden o seu crecemento. Durante o acto de entrega dos Premios da XXXIII Cata de Viños de Galicia 2021, XXIII Cata de Augardentes de Galicia e X Cata dos Licores Tradicionais de Galicia, Feijóo aseverou que esta iniciativa complementarase coa Lei de Recuperación de Terra Agraria, que xa está en vigor e que ten como obxectivo pór en valor terreos abandonados ou infrautilizados.

Non en van, precisou que as denominacións de orixe solicitaron xa arredor de 10.000 hectáreas para levar a cabo polígonos de viñedos.

Así mesmo, entre outros proxectos, salientou a posta en marcha no Pazo de Quián dun centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais, que contará cun espazo específico para o viño e o cultivo de viñedos. E recordou que durante a pandemia se aprobou o préstamo vendima, así como a iniciativa Mercaproximidade, para dar saída aos produtos agroalimentarios que viron afectadas as súas canles de comercialización pola COVID a través das principais cadeas de distribución.

O titular do Executivo autonómico reivindicou a fortaleza do sector da viticultura, formado por máis de 10.000 viticultores e preto de 500 adegas, e que achega un valor económico superior aos 230 millóns de euros ao ano.

En canto aos premiados, hai que indicar que o de mellor viño de Galicia foi para Pazo de Rubianes (viño branco) da adega Pazo de Rubianes S.L. e Prómine Singular (viño tinto) da adega Bodegas Petrón S.L. No tocante á D.O. Ribeiro, o primeiro posto e acio de ouro foi concedido a Manuel Rojo, da adega Manuel Rojo S.L. Dentro da D.O. Valdeorras, o galardón (acio de ouro) foi para A Coroa da adega A Coroa S.A.T.

No tocante á D.O. Rías Baixas (viños brancos) o máximo galardón foi para a marca Noelia Bebelia da adega San Salvador de Soutomaior, S.L. Casa Moreiras de Casa Moreiras S.L. levouse o primeiro premio dentro da categoría D.O. Ribeira Sacra (viños tintos). Vía Arxéntea, da adega Manuel Gerra Justo, fíxose co primeiro posto da D.O. Monterrei.

Na categoría de colleiteiro e pequenas adegas en branco, o primeiro premio foi para A Illa, e en tinto para Castro de Lobarzán. Cal de Nairoa 2019 destacou en colleitas anteriores en branco, e en tinto foi Priorato de Razamonde 2019.

Almalarga gañou en elaboracións con madeira branco, e Bancales Moral en tinto. Nos espumosos destacou Feitizo da Noite, e en Viños con IXP o galardón foi para Os Areeiros. Non faltaron premios para os augardentes (Viña Armenteira, o 1º) e licores de herbas (Pazo Valdomino) e de café (Terras de Lantaño). En deseño gañou Seika.

22 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.