Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Un dos obxectivos do GDR é desvelar a diversidade natural da contorna // Está formado por varias entidades do ámbito agrogandeiro, forestal, cultural e social

Destino Fluvial: a campaña que amosa paisaxes de Compostela e a súa contorna

O 9 de setembro de 2021 o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) puxo en marcha a campaña na súa páxina de Facebook Terras de Compostela_Destino Fluvial, coa que buscan desvelar a variedade paisaxística e a diversidade natural de dez concellos da contorna: Santiago de Compostela, A Baña, Val do Dubra, Brión, Negreira, Boqueixón, Santa Comba, Vedra, Teo, Ames.

A campaña consiste en publicar cada semana fotografías amosando as diversas posibilidades que presenta o territorio, tanto en canto a sendas e praias fluviais, como áreas recreativas e mesmo recursos patrimoniais. Ademáis, invitan aos usuarios a visitar en persoa os distintos lugares, fotografialos e publicalos.

O GDR foi fundado no ano 2008 como unha asociación sen ánimo de lucro e en prol do desenvolvemento económico e social dos concellos que compoñen Santiago e a súa área. Está constituída por entidades do ámbito agrogandeiro, forestal, social, cultural e veciñal, así como polos concellos, e actúa como colaboradora da AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural).

21 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.