Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Detido en Ames un home acusado de explotación sexual a menores

Sorpresa e indignación: segundo a Polícia gravaría e espiaría a filla da súa parella // O arresto ten lugar no marco dunha operación de alto alcance

A Garda Civil detivo a un home no municipio coruñés do Milladoiro pola comisión de varios delitos de explotación sexual de menores e contra a intimidade das persoas. A investigación, enmarcada dentro da Operación Pixels, foi iniciada tras unha comunicación do National Center for Missing and Exploited Children (NCMEC) ao Departamento de Delitos Telemáticos da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil, a través das canles habituais de colaboración coa axencia estadounidense Homeland Security Investigations (HSI). Segundo a información inicial, un home sin identificar estaba a compartir fotografías dunha menor espida no cuarto de baño sen o seu consentimento.

Fotomontaxes. A unidade da Garda Civil encargada de investigar o suceso atopou xunto coas fotografías da menor unha serie de vídeos nos que se pode apreciar a unha muller adulta mantendo relacións sexuais cun home. Ademais, apareceron diversas fotomontaxes que comparaban o corpo da menor co dunha muller de maior idade. Trala análise das mesmas puidose identificar o entorno onde foron tomadas e corroborar que a rapaza en cuestión é a filla da parella do home detido. Unha vez centrada a posible localización do autor dos feitos, realizáronse procuras en fontes abertas e outras vías de investigación, así como varias entrevistas con veciños da zona, as cales permitiron aos axentes do Departamento de Delitos Telemáticos da UCO vincular directamente as imaxes investigadas cun home adulto, residente na localidado Milladoiro.

Unha vez identificado o posible autor dos feitos e coas correspondentes pesquisas feitas, puídose proceder ao rexistro do domicilio sito no municipio amesá do Milladoiro. Alí atopáronse claras probas que o vinculaban cos delitos de explotación sexual de menores e contra a intimidade, xa que se interveu diverso material informático e varias contas en redes sociais utilizadas para a actividade delituosa.

Malware. Cando a Garda Civil rexistrou o piso atopouse cunha cámara oculta no cuarto de baño, coa cal tomaba fotografías e vídeos da menor e da parella. Ademais, tras examinar o material informático presente na casa, os investigadores averiguaron que dito home instalara un malware no ordenador da menor para poder acceder a tódolos seus arquivos e poder ver as chamadas que realizaba coas sús amigas. Incluso tiña acceso a cámara web, que activaba cando intuía que podía estar a cambiarse de roupa.

Xunto con todo o anteriormente mencionado, a intervención da Garda Civil permitiu descubrir a comisión de máis feitos delitivos por parte do mesmo varón, o cal utilizaba contas de redes sociais nas que se facía pasar por unha rapaza, establecendo relacións sentimentais ficticias con varias menores, que lle permitiron obter deles fotografías e vídeos de contido sexual, material que compartía con terceiros nunha popular plataforma de mensaxería, nun grupo administrado por el mesmo. Ademais, o detido era moi activo nunha rede social moi orientada ao intercambio de fotografías e vídeos, na cal, mediante a creación de varios perfís, compartía con múltiples contactos arquivos de contido sexual de varias persoas que foran obtidos sen o seu coñecemento. Varias das vítimas deste tipo de actividade eran exparellas do detido ás que gravara mantendo relacións sexuais sen que tivesen coñecemento de que iso estaba a acontecer. Noutro dos casos, as fotografías e vídeos compartidos mostraban a unha parella nova, que unha vez identificada, puido saberse que unha delas convivira temporalmente co detido, o cal accedería aos seus arquivos privados realizando copias deles e difundíndoos a continuación.

Esta investigación foi levada a cabo polo Departamento de Delitos Telemáticos (GDT) da Unidade Central Operativa da Garda Civil en coordinación co Xulgado de Instrución Número 3 de Santiago. Nesta operación os veciños xogaron un papel clave, xa que grazas ás entrevistas que realizou a Garda Civil con cada un deles puido obter testemuñas suficientes para, xunto co material requisado na web, levar a cabo un rexistro completo do domicilio do varón detido.

O home enfróntase deste xeito a varios delitos de explotación sexual de menores e delitos en contra da privacidade e a intimidade. No caso de saír culpable por estos cargos poderíase ver condeado a máis de catros anos de cárcere.

09 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.