Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Detido un condutor con tres quilos de haxix de noite polo Milladoiro

Circulaba cas luces apagadas // Levaba 365 euros en metálico

A Policía Local de Ames incautouse de tres quilos de haxix e 365 euros en metálico no Milladoiro, cando os axentes estaban realizando un servizo de patrulla. Nese momento viron un condutor que circulaba a media noite coas luces do vehículo apagadas, e cando conseguiron que detivera o seu vehículo, debido ao nerviosismo que presentaba dita persoa e ás respostas contraditorias facilitadas aos axentes, decidiuse o rexistro do coche. Alí atopáronse tres paquetes de droga e os cartos, polo que o home foi detido, atribuíndoselle un presunto delito contra a saúde pública.

Deste xeito, e cando se lle fixo un rexistro do vehículo, observouse unha bolsa de plástico de cor branca depositada no chan do asento do copiloto. Os axentes inspeccionaron dita bolsa, observado dentro dela tres paquetes envasados ao baleiro, estando un deles aberto, apreciando no seu interior unha substancia de cor marrón, desprendendo un forte cheiro a haxix. Debido a iso informouse ao condutor que ía ser detido por un delito contra a saúde pública, léndolle nese mesmo momento de forma verbal os dereitos que lle asisten como detido e posteriormente en dependencias da Policía Local, ofrecéronselle novamente por escrito. Alí foi onde se elaborou o atestado duns feitos que aconteceron o pasado día 1.

Na pesaxe da sustancia no cuartel, sumou un total de 3.033 quilos. Ademais, comisóuselle ao detido 365 euros en metálico. Finalmente, os axentes do corpo de seguridade amesán trasladaron ao detido e a droga ao Cuartel da Garda Civil do Milladoiro para que continuasen coas dilixencias correspondentes.

10 feb 2022 / 13:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.