Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Divulgan o patrimonio e a historia da igrexa de Cee por medio dun documental

É obra do historiador Víctor Castiñeira e o músico Fernando Fraga // Dan a coñecer os tesouros menos visibles para o público do templo da Virxe da Xunqueira

Os tesouros menos visibles da igrexa parroquial da Virxe da Xunqueira de Cee viron a luz da man dun vídeo-documental elaborado de xeito altruísta polo historiador e técnico de Cultura, Víctor Castiñeira e Fernando Fraga, que musicou o poema que a escritora Concha Blanco adicou ao actual Ano Xubilar Mariano da Xunqueira.

Un audiovisual que, baixo o título Recorrido histórico-artístico por el templo de Nuestra Señora de A Xunqueira, relata a historia do templo desde a súa orixe, entre os séculos XIV e XV, ata a actualidade, destacando os feitos máis relevantes, como o incendio provocado polas tropas francesas en abril de 1809, que “destruíron prácticamente todo o templo e boa parte do seu patrimonio artístico, pero perviviron a fe e a devoción de todo un pobo na súa nai, a Virxe da Xunqueira”, relata Víctor Castiñeira.

Catro anos despois, en 1812, os ceenses recibiron a actual imaxe da Virxe, a cal foi doada polo matrimonio formado por Pedro Antonio Porrúa e Inocencia González. A pesar das vicisitudes históricas, “esta igrexa garda unha importante parte da historia de Cee e unha innegable riqueza patrimonial, como as tallas do século XIX e obras de grandes imaxineiros galegos do século XX, como Magariños, José Rivas, Ángel Rodríguez ou José Aldrey”, resalta Víctor Castiñeira.

A resposta do público “foi espectacular; estamos moi contentos e espero que supoña un antes e un despois no coñecemento de Cee e a parroquia da Xunqueira”, concluíu.

Ao acto de presentación sumáronse a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela; a escritora ceense Concha Blanco e Gemma Román, entre outros.

05 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.