Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dodro declara de interese público os traballos no colexio Lorenzo Baleirón

DODRO. No pasado mes de xuño, a xunta de goberno local de Dodro acordou “declarar que na obra de rehabilitación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón concorren circunstancias sociais e culturais que fan que se consideren como de especial interese para o Concello, e de utilidade pública municipal”. Con esta declaración, a administración local aplica a bonificación do 95 % no Imposto de Construcións Instalacións e Obras establecida no art. 4.1 da Ordenanza fiscal núm. 1, reguladora de dito imposto.

A reforma integral do centro supón unha inversión de 1,456,387,51 €, e implica adaptalo ao Plan de Nova Construción Pedagóxica da Consellería de Educación na que contempla “actuacións

para espazos más saudables” e “actuacións para crear espazos máis versátiles”. Unha reforma “moi necesaria demandada polos pais e nais do alumnado desde fai anos e que agora será unha realidade”, indican dende o citado executivo local. Inciden en que ademais fará do centro de Dodro un referente adaptado ás novas necesidades tanto educativas como de benestar interno dos usuarios. A actuación xa está á licitación na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, e terá un prazo máximo de execución de cinco meses. c.g.

03 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.