Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dodro presume de CRA como un exemplo de defensa das unitarias

O Concello destaca que os últimos datos indican un incremento da matrícula o vindeiro curso // Califícano de centro de referencia no segundo ciclo de Infantil

O Concello de Dodro mostra a súa satisfacción porque os datos que manexan indican que a matrícula para o vindeiro curso escolar do Colexio Rural Agrupado (CRA) vai a aumentar. Desde o goberno destacan os recoñecementos que están a recibir os CRA galegos, entre eles o de Dodro, do que presumen como un claro exemplo de defensa do mantemento e mellora das escolas unitarias.

Co respecto ao incremento da matrícula, cuxo prazo de inscrición segue aberto ata o 21 de marzo, atribúeno aos traballos e a colaboración entre o Concello, o centro e as familias do CRA “que están dando moi bos resultados na tarefa de manter abertas as escolas unitarias e, polo tanto, un sistema educativo que funciona e que así o recoñeceu o veredicto da Fundación Princesa de Girona, que catapultou como mellor escola de España do 2020 o CRA Mestra Clara Torres de Tui, un recoñecemento que se traslada a totalidade dos CRA de toda Galicia e que se fai extensible ó do concello de Dodro”. A colaboración entre as partes vai máis aló do propio investimento nas instalacións, explican desde o Concello, xa que se fan ofertas culturais todos os anos que ten boa acollida ten entre o alumnado, “ou calquera proposta que o centro demande e redunde nunha mellora educativa”.

O labor que realiza o centro na difusión dos programas cos que traballa e das vantaxes do seu sistema educativo en persoal, que conta para este curso 2021-2022 cunha titora para cada escola, ademais de especialistas en Educación Infantil, Psicomotricidade, Música, Inglés, Audición e Linguaxe, Relixión, Profesorado de Apoio e Departamento de Orientación, fan do CRA de Dodro un centro de referencia no segundo ciclo de Educación Infantil. Outro piar fundamental son as familias, involucradas no desenvolvemento educativo.

O goberno municipal considera que a educación “é un valor de futuro para o concello” e, nesa liña explica que fixo fortes investimentos na mellora das instalacións educativas e o seu equipamento. No 2020 investíu 64.554 euros na rehabilitación das escolas de Bexo, Dodriño e Chenlo, e no 2021 foron 36.584 € na rehabilitación da sede do CRA. Tamén se melloraron a finais do pasado ano elementos de xogo nos patios exteriores de Chenlo e Vigo, por valor de 3.872 €. “Este goberno, ten a intención de acometer melloras na escola de Lestrobe, cara a mellorar a súa accesibilidade e o seu entorno”, conclúen.

16 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.