Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dolores Cortés e Edith Valle presentarán as súas coleccións en Camariñas

Ambas deseñadoras repetirán experiencia sobre a pasarela da Mostra do Encaixe

Camariñas. As recoñecidas deseñadoras Dolores Cortés e Edith del Valle estarán, un ano máis, na pasarela da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará do 13 ao 17 de abril.

Será a quinta participación de Dolores Cortés, que presentará unha colección de traxes de baño “diferente de las anteriores y que creo que gustará”, afirma. “Me ilusiona que cuenten conmigo. Hacer bañadores con encaje no es habitual, supone para mí un desafío interesante”, explica.

Para a deseñadora foi “un descubrimiento exitoso o conxugar deseños de baño con encaixe” ata o punto de que “los incorporamos a un desfile de la pasarela Mercedes Benz Fashion Week Madrid”. Considera que o encaixe “aporta un punto artesanal, singular y diferenciador de otras colecciones de baño”.

Amósase ilusionada: “la experiencia de vivirla en pandemia me permite afirmar que todos tenemos ganas de Mostra y estoy segura de que será un éxito”.

Pola súa banda, Edith del Valle participará por cuarto ano consecutivo, e avisa de que a súa colección non deixará indiferente a ninguén. “Quizás pueda decir que lo más sorpresivo sea su sentido; visibilizar e invitar a un diálogo donde nos cuestionemos la necesidad de reescribir ciertos tipos de códigos en cuanto a protocolo y estereotipos de género”, explica.

A deseñadora compostelá adianta que “en esta colección he querido ir un paso más allá, jugando a deconstruir la idea de encaje tal y como la tenemos concebida, modificando algunos elementos como son el volumen y la manipulación del mismo” aínda que non cambia a esencia xa que “integrar el encaje en mis piezas supone dotar de una mayor significación y calidad a la prenda”.

O público da Mostra agarda a Edith del Valle e ela agarda á Mostra: “para mí no es un simple evento, es un punto de encuentro donde todas y cada una de las personas que la conformamos aportamos lo mejor de nosotros mismos, en pos de un sentimiento común: el amor y devoción a nuestro oficio, hacia la artesanía, nuestra cultura y tradición”.

Esta será a edición na que, trala pandemia, se retome a total normalidade en canto á data tradicional do evento e á ausencia de restricións. “Dadas las circunstancias, poder vivirla en su verdadera esencia después de todo este tiempo es algo que, en cierto modo, todas y todos deseamos”, subliña Edith.

Patrocinio de Stolt Sea Farm

A empresa Stolt Sea Farm, dedicada á explotación da acuicultura e que conta cunha planta de produción de peixes planos no Cabo Vilán de Camariñas, volverá a ser un dos principais patrocinadores da XXXI Mostra do Encaixe. Así o acordaron a alcaldesa, Sandra Insua; a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro; e a directora da Mostra, Dolores Lema, co director de Sustentabilidade de Stolt Sea Farm, Carlos Tavares, nunha reunión na que se estableceron as principais liñas do acordo de colaboración entre ambas entidades.

A acuicultura é un sector de importancia estratéxica para Camariñas, e Stolt Sea Farm constitúe na actualidade unha das máis importantes actividades económicas do municipio polo volume de riqueza e traballo que xera, o que fai que os veciños e veciñas da vila recoñezan e se sintan identificados coa marca.

Así, a empresa aportará unha importante contribución para a promoción do encaixe de Camariñas, co obxectivo de financiar as actividades que sexan necesarias para poñer en valor á muller como elemento dinamizador do municipio a través da súa labor de palilleira. Ademais, organizará unha degustación de rodaballo no recinto da Mostra.

Polo tanto, e como contraprestación, a imaxe corporativa de Stolt Sea Farm estará presente durante toda a Mostra do Encaixe e tamén nas actividades previas e posteriores que se leven a cabo relacionadas co evento.

03 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.