Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Ames é un dos poucos municipios galegos polo que discorre máis dunha Ruta de peregrinación xacobea // Monarcas lusos e importantes figuras históricas percorreron o Camiño Portugués dende a época altomedieval TEXTO Javier Salutregui

Dous Camiños de Santiago nunha mesma localidade

O concello de Ames é un dos poucos municipios galegos polo que discorre máis dun Camiño de Santiago. Neste caso son dous: o Camiño Real de Santiago a Fisterra-Muxía e o Camiño Portugués.

O primeiro, o Camiño Real a Fisterra, é o único que ten en Santiago de Compostela o seu punto de arranque e non o seu final. As súas orixes atópanse na Idade Media e o seu trazado corresponde co antigo Camiño Real, que levaba ata os portos da Costa da Morte e atravesa Ames de leste a oeste. Inicia na praza do Obradoiro e, logo de deixar atrán Ponte Sarela, avanza cara a comarca da Maía. En Ames, o Camiño pasa polo Alto do Vento, Ventosa, Lombao e Augapesada, onde se atopa unha ponte medieval de cantería cun arco de medio punto e dous aliviadoiros. Preto dela hai unha zona onde pódese parar a descansar.

A ruta continúa polo Castiñeiro do Lobo, onde hai que subir una costa de máis de tres quilómetros até coroar o Alto do Mar de Ovellas. O descenso ata o río Tambre faise por Susavila de Carballo e Trasmonte. Precisamente na vila de Trasmonte pódese visitar o cruceiro e a igrexa barroca de Santa María, construída a mediados do século XVIII. No seu interior destaca un retablo da Natividade de estilo barroco e o da capela maior datado a finais do século XVIII.

O Camiño Real segue por Burgueiros até chegar a Ponte Maceira, onde se conserva un conxunto de arquitectura popular e onde tamén se pode gozar dunha paraxe natural de gran beleza. Na Ponte Maceira o camiño fisterrán cruza o Tambre para entrar e+n Negreira por Ponte Vella, unha ponte gótica que foi construída a finais do século XIV. A ponte foi foi testemuña en 1471 da batalla entre as tropas da mitra compostelá e as do conde de Altamira, e foir restaurada no século XVIII foi restaurada, mantendo a estrutura medieval de cinco arcos, o central oxival e mais dous aliviadoiros. Despídese alí do seu paso polo concello de Ames.

Camiño Portugués. Pola localidade discorre a última etapa do Camiño de Padrón a Santiago. A peregrinación desde Portugal existe dende a época altomedieval, aínda que se intensificou no sécula XII a partir da súa independencia. O paso do Comiño por Ames, malia ser moi curto, ten un gran valor histórico e foi empregado por figuras relevantes

Tras pasar polo pazo Faramello, no concello de Teo, o Camiño atravesa a parroquia amesá de Santa María de Biduído, pasa polo alto da Grela e descende cara O Milladoiro. De feito, existe a crenza o nome de Milladoiro provén de humiliaturium, xa que era o lugar onde os peregrinos vían por primaira vez a catedral e axeonllábanse antes de acceder á cidade.

Con todo, os especialistas consideran que recibe o nome pola presenza dun amilladoiro, un monte de pedras pequenas amoreadas polos peregrinos que ían a un lugar de culto.

Entre os peregrinos ilustres atópase Isabel de Aragón, que se converteu en raíña de Portugal tras casar con D. Dinis en 1282, que realizou o percorrido 1325. O monarca portugués D. Manuel I tamén peregrinou no ano 1502, e en 1669 a realizou o Gran Duque da Toscana, Cosme III de Medicis, xunto a un séquito de nobres e servos.

Ademáis, neste tramo tiveron lugar parte dos feitos da guerra de independencia española cando en maio de 1809 as tropas laponeónicas foron expulsadas de Santiago. A división comandada por Martín de La Carrera entrou en combate coa guerrilla francesa que lle saíu ao paso. A vitoria marcaría o inicio da retirada das tropas francesa de Galicia.

17 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.