Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Educan na Rede Natura de Ames na recollida segura de cogumelos

A primeira saída do outono fíxose en áreas como As Brañas da Devesa, Sisalde e Agro do Muiño // A actividade estivo guiada pola experta bióloga Sira López

As Brañas da Devesa, Sisalde e os piñeirais de Agro do Muíño. Todos estes espazos, pertencentes á Rede Natura 2000, constituíron o territorio da primeira saída que a Aula da Natureza, dependente da concellaría de Medio Ambiente de Ames, organizou este outono para buscar cogomelos.

A actividade estivo guiada pola experta e bióloga Sira López quen ademais de ofrecer información sobre as especies atopadas, insistiu en coidar os espazos naturais cos que conta o concello e advertiu da necesidade de recoller só aqueles exemplares que se coñecen ao cen por cen.

Sinalar que o temporal de vento e auga imperante o pasado domingo non impediu que unhas vinte persoas se animasen a saír ao monte na procura dos primeiros exemplares de cogomelos. “Non se atoparon moitos, pero eso sí, de moitas variedades”, comentou a responsable da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, que acompañou ao grupo nesta saída.

Patricia, como o resto dos e das integrantes do grupo escoitaron atentamente as explicacións da bióloga Sira López, gran coñecedora dos fungos e que guiou nesta ocasión a actividade. Os/as asistentes obtiveron información en primeiro lugar sobre os grandes grupos de cogomelos Agaricales, Cortinariales, Amanitas ou Rúsulas, para pouco a pouco comezar a diferenciar xéneros e nalgúns casos incluso chegar até especie.

Segundo explicaron, en todo momento impúxose o respecto polo monte, tanto no xeito de recoller os cogomelos como de transportalos ou descartalos.

formaR. Para o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Lens, afeccionado tamén aos cogomelos, estas saídas son moi importantes á hora de educar á cidadanía: “As saídas xa son importantes para que a xente que decote sae ao monte na procura de fungos, saiba que exemplares pode apañar e consumir con seguridade, pero ademais teñen tamén o valor engadido de axudar a concienciar sobre a necesidade de respectar e coidar o noso entorno natural”.

Tamén se fixo moito fincapé nos contornos nos que se desenvolveu a saída, lembrando a inclusion da Gándara de Bertamiráns como espazo Rede Natura 2000 non LIC Ulla - Deza e a conservación das Brañas da Devesa como unha das poucas que queda sen desecar en Galicia, subliñaron os expertos.

Segundo os organizadores, a saída serviu tamén para lembrar aos afeccionados aos fungos e e os cogomelos que únicamente se deben recoller para comer aqueles exemplares que se coñecen ao 100 por cento e que de ningún modo se deben mesturar estes con outros exemplares recollidos para estudo.

06 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.