Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Eliminado un punto de vertido de augas fecais á ría de Corme e Laxe

Laxe. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais á ría de Corme e Laxe. O foco foi localizado nas inmediacións do paseo marítimo de Laxe, no marco das inspeccións rutineiras de seguimento levadas a cabo na rede fluvial do municipio polos técnicos do Plan de Control de Vertidos.

As mostraxes permitiron detectar a existencia de contaminación. Os técnicos da Xunta iniciaron unha campaña de inspeccións na zona cos técnicos municipais, que incluíron numerosas mostraxes, co obxectivo de localizar a orixe da contaminación.

As inspeccións de seguimento permitiron identificar a orixe da contaminación en varias vivendas das inmediacións da avenida Cesáreo Pondal, erroneamente conectadas coa rede de augas pluviais, e nunha rotura no colector de augas residuais que provocaba as filtracións, orixinando a contaminación nas augas que acaban na ría.

Nunha nova inspección, os técnicos da Xunta verificaron que as actuacións do Concello de renovación da rede de saneamento municipal de Laxe afectada permitiron o cese da achega contaminante e a emenda do vertido. M. L.

04 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.