Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 06 mayo 2021
22:15
h

En marcha un documental sobre a vida e obra de Man de Camelle

O Museo Man de Camelle acolleu a presentación da memoria final do traballo de documentación levado a cabo pola produtora Vizuals Lab sobre a vida de Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, co obxectivo de realizar un documental sobre a súa vida e obra dentro da iniciativa Proxecto Man: A Costa da Morte na mirada.

A produtora xa leva varios anos traballando neste proxecto e realizando entrevistas a familiares, coñecidos de Man e persoas que o coñeceron ou coincidiron con el. Destacan as conversacións mantidas con Marisol e Lourdes Baña, netas de Eugenia Heim, alsaciana que acolleu a Man na súa propia familia unha vez este chegou a Camelle. Contaron como foran os primeiros días de Manfred no pobo, como conseguiu a súa primeira vivenda, como era a súa rutina diaria e cal foi o desencadeante para que a súa vida dera un xiro de 360 grados.

En relación á busca de material inédito, foi fundamental a figura de Carlos Silvar, artista e amigo de Man que conservaba materiais sobre este e o seu museo. Ademais, coñecidos de Man e veciños de Camelle como Vicente Balboa, Lucía Baña, Milagros Casal, Manuel Marcote ou Yolanda Muñoz, participaron tamén nestas entrevistas.

O Museo Man de Camelle tamén xogou un importante papel neste proceso de documentación a través de Andrea Serodio e Carmen Hermo. As dúas comisarias da exposición do museo explicaron ao equipo de Vizuals Lab as correntes artísticas ás que Man pertencía, como realizaba as súas obras, a complexidade de algunhas e a innovación de outras. O seguinte paso deste proxecto consiste na elaboración da peza audiovisual, que terá o título de Gnädinger. Colabora a Deputación da Coruña.

04 may 2021 / 17:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.