Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A remodelación iniciouse coa unificación das dependencias dos Servizos Sociais na segunda planta do concello // Foi posible gracias a unha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público// Garanten a privacidade dos usuarios TEXTO M. Cano

En proceso o lavado de cara do consistorio de Porto do Son

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou onte, xunto co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, as actuacións levadas a cabo nas dependencias de servizos sociais do concello sonense grazas a unha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público, por importe de 40.000 euros. Á visita tamén acudiron a tenente de alcalde, María Maneiro; o edil de Medio Ambiente, Manel Deán, e a concelleira de Benestar Social, Magdalena Pérez.

“Co xa feito e co que imos a facer este ano, creo que vai quedar unha remodelación integral dentro dun edificio que xa existía e que facía falta melloralo”, sinalou Rueda, quen resaltou a importancia da cooperación entre as administracións para axudar aos concellos a levar a cabo proxectos que contribúan ao benestar da cidadanía, como neste caso.

A actuación, na que se investiron 60.000 euros (20.000 € foron sufragados con fondos municipais), consistiu nunha reforma integral do segundo piso do inmoble, no que anteriormente se atopaba o cuartel da Garda Civil. Neste espazo creáronse cinco novos despachos e unha sala de reunións, así como aseos adaptados, mellorando substancialmente o servizo ofrecido aos usuarios da área de Servizos Sociais con espazos que permiten unha atención individualizada e que garanten a privacidade dos mesmos.

Dáse así resposta a unha demanda dos veciños e veciñas sonenses e, en especial, dos usuarios da citada área do concello, que viñan reclamando o seu dereito á intimidade na tramitación das súas xestións. Deste xeito, evitase que os cidadáns teñan que acceder a distintas plantas nas que estaba repartido o servizo.

O vicepresidente primeiro da Xunta avanzou durante a visita que a seguinte actuación que financiará a súa consellería, a través dun convenio, consistirá na remodelación da planta baixa da casa consistorial de Porto do Son que pasará a albergar unhas oficinas de atención á cidadanía, onde se realizarán os trámites máis frecuentes relacionados con rexistro, recadación, xestión tributaria e catastro, e que tamén dará cabida ao rexistro civil e ao xulgado de paz. A intervención ten un orzamento previsto de 145.000 euros dos que a consellería que preside Rueda asumirá 90.750 euros, mentres que o restante o aportará o ente municipal.

Restará para a seguinte anualidade 2022 a remodelación da planta primeira do edificio, que pasará de acoller os servizos para os trámites ordinarios a convertirse nun espazo de traballo técnico no que “terán cabida os espazos destinados á alcaldía e diferentes concellerías, así como do persoal técnico das distintas áreas de intervención, secretaría ou urbanismo”, apuntou o rexedor.

Esta nova organización das dependencias municipais “foi pensada para buscar un mellor funcionamento e organización tanto para o persoal dos distintos departamentos como para os usuarios dos mesmos. Búscase que o consistorio sexa un lugar de traballo máis cómodo e funcional, pero tamén encamiñado a prestar un mellor servizo ao cidadán”. Asemade, Oujo avanzou que se están a mellorar outros aspectos do inmoble, como a eficiencia enerxética, instalando unha nova caldeira de biomasa para substituír a existente, “moi antiga e pouco eficiente”, ademais de cambiar a cuberta “que se atopa nun estado deterioro importante, agravado nos últimos invernos”, comentou o mandatario.

Segundo sinalaron dende a Xunta, o concello de Porto do Son nos últimos once anos ten recibido axudas da Vicepresidencia cun importe de máis de 1,8 millóns de euros destinados a proxectos beneficiarios da Orde de Infraestruturas, do Fondo de Compensación Ambiental, ademais de actuacións na rede de saneamento e abastecemento, melloras de instalacións deportivas ou a creación de parques infantís.

Cómpre lembrar que o municipio pertence á Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza, xunto ao concellos de Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Rois, Ames e Pontecesures, e no ano 2015 gañou o terceiro dos Premios Coopera polo proxecto “Adaptación do servizo de recollida dos RSU ao Real Decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos”.

O protagonista
obras que repercuten no aforro de auga
Luis Oujo Pouso
Alcalde de Porto do Son

O alcalde de Porto do Son agradeceu os apoios da consellería de Rueda no Concello sonense que, ademais desta colaboración, tamén financia anualmente a través do Fondo de Compensación Ambiental as actuacións que se están a levar a cabo da substitución da tubaxe da captación de auga da traída municipal en Porto do Son e Portosín, e que están repercutindo nun gran aforro deste recurso no municipio. “Coa actuación que levaremos a cabo durante este exercicio 2021 e no 2022 en Portosín, teremos o 100 % da tubaxe cambiada, o que suporá en torno ao trinta por cento de aforro de auga ao eliminar as perdas que existían debido ao deterioro das tubaxes”, subliñou o mandatario local, quen indicou que “en O Son está a facerse un esforzo importante para mellorar o saneamento e o abastecemento de auga potable”.

{ blanco o negro }
Colaboración
María Cano

quizás, ESTE TIPO de ayudas cobren más importancia que nunca. La situación sanitaria y económica que atraviesa Galicia y el mundo entero, hace que los ayuntamientos tengan que destinar buena parte de sus recursos para ayudar a quien más lo necesita. Por ello, estos apoyos se vuelven fundamentales para poder acometer actuaciones pendientes y de gran importancia, como en el caso de Porto do Son. Su casa consistorial necesita una reforma integral y urgente que ha comenzado con las obras de mejora de las dependencias de los servicios sociales del concello. La actuación llevada a cabo permite a los usuarios realizar sus gestiones con un mayor grado de intimidad y, paralelamente, se han mejorado las condiciones de trabajo del personal. Son tiempos de abogar por la colaboración.

06 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.