Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Entretemento e cultura para todos ata maio con vinte e dúas citas en Cee

Cantidade e calidade con artistas chegados de toda España e unha estrea de Talía Teatro

Cee. O ciclo CeeComedy, a estrea da compañía ceense Talía Teatro e os espectáculos familiares, incluíndo un musical tributo a Frozen, serán os protagonistas destacados da programación dos primeiros meses de 2023 no Auditorio Baldomero Cores.

Desde a segunda quincena de xaneiro e ata maio, o Concello de Cee programará 22 actividades na casa de cultura e 4 na rúa con artistas chegados desde diferentes puntos de España. A alcaldesa, Margarita Lamela, subliñou tanto “a calidade como a variedade dos espectáculos”, cun inicio por todo o alto na fin de semana do 21 e 22 de xaneiro coa compañía madrileña Bestiario e a obra El viaje a ninguna parte de Fernando Fernán Gómez, e no día seguinte co monólogo do multipremiado Luis Zahera (entradas xa esgotadas), que forma parte do ciclo CeeComedy.

O mesmo, continuará con outros grandes artistas do panorama nacional como José Corbacho, Beatriz Rico ou Xavier Deltell, quen poñerá punto e final a esta programación o domingo 7 de maio.

Outra cita especial será a estrea do novo espectáculo de Talia Teatro: Unha inimiga do pobo, obra de gran formato, con oito actores en escea, que verá a luz na primeira fin de semana de marzo de forma conxunta co Teatro Rosalía de A Coruña.

A programación para un público máis familiar protagonizará algunhas das citas ineludibles da vindeira programación. A Tropa de Trapo en xaneiro, Cantando con Pinocho e A viaxe de Rosalía en febreiro, a maxia pola igualdade, teatro para bebés e ata un Quixote moi especial, no mes de abril para conmemorar o Día Internacional do Libro, forman parte dunha proposta para os máis pequenos da casa e as súas familias, que terá o seu punto álxido o 11 de marzo coa representación de El origen del hielo. Tributo a Frozen, a cargo da compañía madrileña Onbeat.

O concelleiro de Deportes, Cultura, Festexos e Turismo, Juan Manuel Buiturón, fixo referencia a outras actividades do programa como as cinco exposicións que se poderán contemplar na casa de cultura; o entroido, con dobre cita festiva e máis de 5.500 euros en premios, ou aquelas pensadas especialmente en chave feminina como a exitosa obra teatral Feminissimas ou o concerto Con nombre de mujer.

A alcaldesa agradeceu a colaboración do Agadic e da Deputación da Coruña, e convidou a todos os veciños e veciñas, tanto de Cee como da comarca, a asistir ás diferentes actividades previstas, que seguen a liña de éxito das últimas propostas realizadas nos últimos meses.

14 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.