Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Comparten servizo dende hai máis dun ano para traballar polo benestar da cativada // Uníronse á festa en Bembibre maiores da Aula de Envellecemento Activo

Entroido para os nenos de atención temperá de Val do Dubra e Negreira

A Unidade de Atención Temperá de Val do Dubra e de Negreira e a Aula de Envellecemento Activo dubresa celebraron neste mes un divertido festival de Entroido en Bembibre que contou coa asistencia do rexedor de Negreira e da edil de Servizos Sociais, Mar García, así como da súa homóloga local, Rosa Parafita.

Foi, segundo os asistentes, “unha tarde de emoción e música na que nos deleitaron con grandes actuacións, e ao mesmo tempo nos demostraron como a interacción interxeracional entre os máis pequenos e os nosos maiores nos fixeron emocionar”, apuntaban.

Igualmente, aproveitaron para felicitar “ao profesorado polo gran traballo levado a cabo, tanto no caso da Aula de Envellecemento Activo, que xa leva uns aniños en funcionamento, como no caso da Unidade de Atención Temperá, que con pouco máis dun ano dende a súa creación coida dos máis pequenos”.

O servizo de atención temperá, ofrecido grazas ó convenio entre estes dous concellos, realiza un traballo de diagnose e valoración de diversas dificultades ou trastornos de desenvolvemento en rapazas e rapaces de 0 e 6 anos. A unidade está integrada por profesionais da pedagoxía, a psicoloxía, a logopedia e a fisioterapia que traballan co fin de mellorar as capacidades comunicativas, psicomotrices e cognitivas da rapazada suxeita ao programa.

16 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.