Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
CAMPAÑA. Cen nenos e nenas de Costa da Morte, Bergantiños e Xallas gozaron da neve en Valgrande-Pajares // Haberá novas quendas ata febreiro TEXTO J. Ramos

Esquí e cultura para rapaces de toda a provincia

Un centenar de nenas e nenos de entre 11 e 15 anos de Cabana, Carballo, Carnota, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Tordoia, Vimianzo e Zas participaron na estación invernal de Valgrande-Pajares na primeira expedición da Campaña de Esquí 2022, da Deputación da Coruña.

Con esta iniciativa, a institución provincial pretende “que os rapaces e rapazas da provincia da Coruña poidan iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades no esquí, ao mesmo tempo que participan noutras iniciativas deportivas e culturais organizadas de xeito complementario”, indicou a deputada de Deportes, Cristina Capelán, quen visitou aos escolares na estación de esquí.

Este ano participarán 600 nenas e nenos da provincia, cen máis que na anterior edición. Do 21 ao 24 de xaneiro será o turno dos mozos e mozas de Ames, Boiro, Brión, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois.

Despois, do 28 ao 31 de xaneiro participarán os anotados en Arzúa, A Baña, Boqueixón, Frades, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra, mentres que no quinto turno, que se prolongará do 11 ao 14 de febreiro participarán os adolescentes empadronados en Melide, polo que respecta aos mozos do ámbito xeográfico de Área de Compostela.

As viaxes teñen un custo de 85 € e inclúen transporte, a estancia de catro días na estación de Valgrande-Pajares, clases de esquí, monitores, seguros, alquiler de material, remontes mecánicos e outros gastos.

18 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.