Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Evacuado un estradense con queimaduras nun brazo ao incendiarse a súa casa

A Estrada. Un veciño da Estrada tivo que ser evacuado esta tarde debido a un incendio na súa vivenda, segundo informa 112 Galicia. O home foi trasladado ao centro hospitalario de referencia con síntomas de intoxicación por inhalación de fume e tamén con algunhas queimaduras nun brazo. Os feitos ocorreron ás 16.40 horas no número 70 da rúa San Paio. O lume queimou un sofá e a estancia quedou afectada polo fume.

Nos labores de auxilio participaron os Bombeiros de Silleda, axentes da Garda Civil e da Policía Local. J. M.

11 feb 2023 / 20:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.