Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 20 septiembre 2021
23:12
h

Éxito absoluto na celebración do primeiro Campamento Sénior

Esta iniciativa levouse a cabo por primeira vez no Concello amesán e tivo unha gran acollida por parte dos maiores // Celebrouse os xoves do pasado mes e nel ensinóuselles aos asistentes lugares únicos do termo municipal

O xoves 1 de xullo inaugurábase o Campamento Sénior Amessán cunha visita a Pontemaceira. Dende entonces, cada semana os veteranos e veteranas gozaron da excursión pola Ruta de Ríamontes, iniciándose na práctica da marcha nórdica, da visita ao Fogar do meu burro e da ruta da Andoriña. A última saída foi o pasado xoves 29 de xullo na que se realizou unha ruta circular por Bertamiráns. A xornada rematou cun almorzoo no Pazo da Peregrina.

Así pois, Luísa Feijóo, concelleira de Benestar Social e Promoción da Saúde, asegurou que: “Este ano, tan complicado para todos e todas e en especial para os nosos maiores, non quixemos despedir o curso de Amessán sen organizar algo especial no que puideran disfrutar do noso concello con actividades grupais e ao aire libre”. Así naceu esta I edición dos campamentos senior Amessán na que percorreron diferentes rutas, probaron actividades como a marcha nórdica ou a asunoterapia, realizaron exercicios de mobilidade ao aire libre a vez que compartiron risas, conversas, asembleas e mesmo un almorzo, actividades para espreguizar ao corpo e maila mente. Ademais, Feijóo admitíu que: “Na clausura tomamos boa nota das propostas que nos fixeron para o vindeiro curso no que, se a situación sanitaria o permite, levaremos a cabo sen dúbida algunha”.

Deste xeito, o Concello de Ames continúa coa proposta de coidar dos rapaces e rapazas pero tamén dos nosos maiores. Este tipo de actividades fomentan a salubridade dos veteranos e veteranas das vilas e, a maiores, instauran bos hábitos e fomentan a cohesión social nun sector no que as relacións interpersonais son de vitl importancia para a saúde mais para o desenvolvemento do aparello cognitivo.

Suspéndese o AmesOn desta semana a causa da malas condicións metereolóxicas

Ames. Os veciños e as veciñas de Ames terán que agardar a que o tempo dea unha tregua para gozar de Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz na Fase Festa programada polo AmesON para este xoves 5 de agosto. O tempo deste atípico mes de agosto obriga a aprazar a “Fase Festa”. A novena cita do AmesON aínda non ten data. Con todo, esta pequena verbena con música e humor encherá o Parque do Ameneiral, en Bertamiráns, das voces e do humor de Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz cando o tempo o permita. A Concellaría de Promoción Económica puxo en marcha esta serie de concertos para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Así pois, o noveno concerto do AmesOn, dos trece que están programados, era o de Fase Festa, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra Panorama, serán os protagonistas desta pequena festa onde a música e o humor están asegurados para todos os que asistan. Doutra banda, cabe resaltar que o concerto Aires de Orinoco programado para este domingo 8 de agosto, tamén se vai aprazar. Deste xeito e pese ás inclemencias metereolóxicas o programa do AmesOn non se detén e está previsto que as actuacións sexan retomadas en canto a situacións atmosférica deste desfavorable mes de agosto mellore. Recordar que as entradas son de balde e non é necesario realizar ningún tipo de formulario previo para acudir aos espectáculos programados dentro deste festival amiense. Ademias, a principal finalidade de este tipo de concertos e actuacións e pór nas mans dos cidadáns unha oferta cultural variada, para tódolos públicos e, ante todo, segura e que cumpra con tódolos protocolos sanitarios que se esixen na actualidade e que derivan da situación que vivimos. Pedro Brea

05 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.