Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 29 noviembre 2022
17:48
h
A cita da Casa do Patrón rememorou en Lalín o proceso tradicional para separar o gran // Incluíu ata sete actuacións folclóricas, mostra e un xantar popular

Éxito da malla de Doade con 1.500 persoas

O Museo Casa do Patrón de Lalín levou a bo porto a XXIII edición da Malla Tradicional de Doade (Lalín), con gran éxito de participación (unhas setenta persoas) e asistencia de público (máis de 1.500 persoas), TVG e demais medios de comunicación o pasado sábado.

A Casa do Patrón foi a organizadora deste encontro tradicional que vén de ser distinguido coa catalogación de Festa de Interese Turístico de Galicia. E os responsables xa manifestaron o seu “máis profundo agradecemento” a todas as persoas procedentes de toda Galicia “que nos arrouparon nesta singular festa etnográfica, cultural, gastronómica musical, na que se rememora como se separaba o gran dos cereais”.

Cabe destacar a asistencia do Presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal; da Directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel; do alcalde de Lalín, José Crespo, ademais de varios concelleiros da Corporación.

A cita incluíu a exposición de motores, aventadoras, pinturas da malla e maquinaria na Mostra de Artesanía Popular, que arrouparon ao mediodía a tradicional malla (á pedra, con males, con malladoira manual, con motor e con tractor) para dar logo paso á comida popular. Xa pola tarde continuaban as actividades co VIII Serán da Malla, no que tomaron parte pandereteiras A Xariza de Parada, o grupo de gaitas Os Dezas de Moneixas, a agrupación O Carballo da Manteiga, Amigos do acordeón Terras de Celanova, Ailola de Lalín e o grupo de gaitas Os Trasnos de Doade. Para rematar, concerto de Cantos da Terra.

22 ago 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.