Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Falece tras precipitarse ó mar co coche en Balarés

Ponteceso. Un home de 40 anos e veciño da Coruña, faleceu tras precipitarse ao mar co seu coche no peirao da praia de Balarés (Ponteceso). Todo apunta a que o tráxico suceso tivo lugar na madrugada do xoves, pero non foi ata pasadas as 11.30 horas cando un veciño que paseaba pola zona viu que había un turismo afundido no mar. O vehículo, un Ford Focus, tiña a porta traseira aberta o que facilitou que quedase visible coa marea baixa. Ata o lugar desprazáronse persoal sanitario, os Bombeiros de Carballo, membros do GES e de Protección Civil de Ponteceso, así como a Garda Civil.

O coche e o falecido foron recuperados pasadas ás catro da tarde, e o cadáver foi trasladado á Coruña para practicarlle a autopsia. O alcalde de Ponteceso, Lois García, asegurou que “é unha desgracia moi grande”, e lembrou que xa no 2018 se produxo un suceso semellante no porto de Corme, que se cobrou a vida dun mozo da localidade. M. l.

15 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.