Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Fantasías do país’, da artista Llou Insidias, na galería Stoupa de Cee

Seis creadores de Bergantiños amosan no Estudo Garabato a obra colectiva ‘Creative outlet’

A viguesa Yolanda del Campo, coñecida artisticamente como Llou Insidias, estréase na galería Stoupa, de Cee, coa exposición Fantasías do país, que amosa unha colección de pezas que afondan nas ideas e imaxes do territorio e o entorno. “Hai ideas, percepcións, historias e mesmo cousas do noso país, que son tan poderosas que se converten en iconas e pasan a formar parte dun imaxinario colectivo”, afirma Begoña Fernández, xerente da galería.

Con esta colección, a artista viguesa afonda na idea do país como mapa mental, do que cada un ten o seu universo ao respecto. Na mostra comparte algunhas das súas fantasías, porque coa arte tamén se fai país, e cada quen faino ao seu estilo.

Como comunicadora, “dálle moita importancia aos títulos das súas obras, e é aquí onde consegue pechar o círculo da súa abstracción facéndonos chegar o que realmente significa para ela vivir: algo trepidante e moi divertido”, engade Fernández Paz.

Llou Insidias é unha artista vencellada a Corcubión e á Costa da Morte dende hai 15 anos, sendo unha das promotoras do Artenauta, festival das artes da Costa da Morte.

Autodidacta en artes plásticas, comezou a súa andaina no debuxo e a pintura no ano 1999. O seu estilo artístico caracterízase principalmente polo uso da cor: as súas obras son grandes explosións de cor con paletas moi vivas. Ten unha liña de traballo puramente abstracta, de formas características (círculos, arcos, garabatos, etcétera) e trazos primitivos e irregulares. Traballa moito as formas infantís e básicas de expresión asociadas á arte naive.

Considérase unha outsider da arte, coa liberdade que supón facer en cada momento o que lle apetece. Ás veces emprega a pintura como elemento puramente estético; outras como xogo ou terapia. Tamén para operar algún tipo de denuncia social, ou simplemente para transmitir o que para ela significa vivir.

Fantasias do país pode visitarse na galería ceense ata o 30 de novembro de martes a sábado de 11.00 a 14.00 horas, e a calquera hora e día mediante cita previa, chamando ao número 661 436 483.

CARBALLO. Pola súa banda, o Estudo Garabato, de Carballo, acolle a exposición colectiva Creative outlet dos artistas Seve Auve, Milagros Cotelo, Cristina Castro Santiago, Isabel Soutullo, Mon Lendoiro e Luís Pesce que, a través do collage e a reciclaxe, dan unha nova vida ao lixo.

31 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.