Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Faría accesos ao monte”

Martín Domínguez, programador informático

    Cargando reproductor ...

Residente en O Milladoiro, casado e con dous fillos, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

Primeiro, faría máis zonas verdes porque hai moitos edificios, moitas estradas e beirarrúas, pero estanse cargando as zonas verdes. Estaría ben facer menos parques e ter máis campo e accesos ao monte que está aquí ao lado. Segundo, aínda que temos todo o básico aquí, estaría ben darlle un pulo ao comercio local porque se precisas roupa dunha marca concreta non queda máis remedio que mercar por internet ou ir a Santiago. Terceiro, quizais unha piscina máis grande pero que estea coidada, non como esta.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Pois diría que a distancia con Santiago, que o temos moi preto para todo o que necesitemos. O certo e que vivo aquí, merquei un piso, pero gustarme non me gusta moito. Eu son de Cee, e tírame máis a costa.

E o que peor leva?

Que estamos no medio da nada e realmente ou fas vida aquí cos amigos que tes, ou realmente é unha depresión.

17 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.