Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Faría máis cómodos os autobuses”

Matilde González, parada

    Cargando reproductor ...

Residente en O Milladoiro, viúva e con dous fillos, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

O que faría é mellorar os autobuses. Gustábanme os que había antes e non os de agora. E non me refiro á frecuencia, senón a que as escaleiras para subir e baixar eran antes máis cómodas, incluso se ías coa silliña dun bebé. Eu como non teño carné é o que máis boto de menos: unhas escaleiras máis xeitosas.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

A tranquilidade. A min encántame vivi aquí, xa levo 25 anos. Vin crecer isto bastante dende que viñemos e o certo é que estou contenta. Ademais temos todo tipo de servizos e non boto en falta máis zonas verdes porque sempre vou camiñar polo monte.

E o que peor leva?

Non vexo nada malo. Teño de todo a man, tanto o centro de saúde como todo o que precise. E se hai algo que bote en falta, sempre teño Santiago ao lado. Cada quince minutos hai un autobús para ir ata a cidade, polo que en realidade non é máis ca un paseo. E tamén está ben cambiar de aires.

09 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.