Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Faría mellores parques”

Ana García, limpadora

    Cargando reproductor ...

Veciña de O Milladoiro, casada e con dous fillos, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

O primeiro, poría máis zonas verdes e mellores parques. Os que hai aquí en Ames deixan moito que desexar. Son necesarios tamén máis espazos para pasear porque aquí hai moito neno pequeno. O segundo, daría un pulo ao comercio local porque eu o certo é que teño que ir moito a Santiago para mercar roupa. Van pechando e logo non queda moita opción. Terceiro, estaría ben facer unha piscina pública grande ou ximnasio público. En Bertamiráns, sendo o mesmo Concello, teñen todo isto. E desprazarte ata alí supón un gasto.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Pois o certo é que non sei moi ben que dicir, creo que como vivo aquí xa estou tan acostumada que estou contenta.

E o que peor leva?

Quizais o que estivemos falando, a situación aquí en comparación con Bertamiráns. Non temos nada que ver con eles, esto está un pouco abandonado. Aquí non hai zonas verdes, alí podes ir pola beira do río e hai paseos. A parte, é un terreo chan, non como aquí.

13 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.