Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Faría un mercado e poría máis bancos”

Justo González, xubilado

    Cargando reproductor ...

Residente en O Milladoiro, casado e cunha filla, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

Primeiro, trataría de pór máis bancos, que non hai ningún. Segundo, faría un camiño para ir andando ata Santiago pola rúa Rosalía de Castro. Non hai beirarrúas e na rotonda de entrada a Santiago habería que facer algo para que a xente poida cruzar tranquila. Terceiro, estaría ben un mercado. Hai arriba unha explanada con aparcamento, ao lado do centro de saúde, e aí hai terreo para facelo. Pero igual pode que sexa privado.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Que temos Santiago ao lado. Ademais aquí hai centro de saúde, negocios de todo tipo, tendas e locais de hostalaría. Hai de todo, e temos todo cerca. Tamén para saír as comunicacións son moi boas. É por iso que creo que se están ben, nalgún sentido, mellor ca no centro de Santiago.

E o que peor leva?

Que non hai moito espazo para pasear, das unha voltiña e xa se acaba. En Santiago si que hai parques enormes e centros comerciais.

10 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.