Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Se eu Fose ALCALDEsa ...

... “Faría un ximnasio municipal no milladoiro”

Belén Louro, recepcionista

    Cargando reproductor ...

Residente no Milladoiro, casada e cunha filla, que tres cousas faría en favor dos veciños?

Pois a ver, o primeiro que faría para mellorar a vida no Milladoiro sería aumentar o número de zonas verdes, xa que hai moi poucas e son moi necesarias para a vila. Por outro lado, ampliaría a piscina actual, xa que considero que se está a quedar pequena para todos os que somos e, a maiores, faría unha piscina cuberta para empregala ao longo do inverno xunto cun ximnasio municipal. Por último, reduciría o tráfico, dado que considero que no Milladoiro é constante e hai demasiado.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O que máis me gusta de poder residir nesta vila é a tranquilidade que se respira e a pouca distancia que hai entre a vila e o centro de Santiago, xa que en cinco minutos en coche xa estás en Compostela para calquer tipo de xestión que necesites.

E o que peor lleva?

O que menos me gusta de vivir no Milladoiro, a verdade é que non o sei, pero se me tivera que quedar con algo eu penso que sería a falta de zonas verdes para pasear, porque hai moi poucas e, volvendo ao dito na primeira pregunta, considero que son algo indispensable para poder facer vida na cidade e non ter que ir ao monte ou ata Santiago para dar un paseo.

11 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.