Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Se eu Fose ALCALDEsa ...

... “Faría unha nova escola
e outro instituto”

Sandra Estévez, dona da Ratiña Golosa

    Cargando reproductor ...

Residente no Milladoiro, separada e cun fillo, que tres cousas faría en favor dos veciños?

Pois o primeiro que faría sería facer máis zonas verdes e máis escolas infantís, e xa sen ser infantís porque instituto temos un só e váisenos a quedar pequeno porque aquí hai moitos nenos e nenas. Tamén melloraría os parques e moito, non só poñerlles un teito cunha lona e chao, porque en Galicia sábese que tamén chove de lado.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O que máis me gusta de vivir aquí no Milladoiro é a tranquilidade, eso sí, dependendo da zona e como todos, imaxino, que temos moi boa comunicación con Santiago pero eu recoñezo que non fago vida en Santiago, senon que fago vida no Milladoiro, polo tanto é o que me interesa. En resumen, polo que me gusta é porque é unha zona tranquila, nada máis.

E o qué peor leva?

O que menos me gusta de residir aquí é todo, a ver, matizo, aquí temos moito edificio, demasiado cemento, non hai un sitio onde poidas ir coa bicicleta cos nenos sen o constante perigo dos vehículos, non tes un sitio onde ir a pasear e onde a xente maior non teña que estar pendiente todo o rato do tráfico. Para concluir, zonas verdes, basicamente é o que nos falta, zonas verdes e zonas verdes.

22 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.