Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Co programa de axudas Cheque Dixital, cun investimento de 4 millóns de euros, a Xunta aspira a chegar a máis de mil pemes e autónomos // Os interesados en optar a estas subvencións teñen ata o 30 de setembro para facelo TEXTO Claudina Estévez

Forte aposta pola dixitalización na cultura empresarial galega

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitaba onte en Ames D3 Applied Technologies, unha empresa que desenvolve solucións de I+D+i para a industria naval desde hai unha década, actividade que a fai ser un exemplo de como gañar en competitividade a través de proxectos de innovación entre sectores estratéxicos da economía galega.

Exemplo diso son algunhas das propostas que ten entre mans actualmente, como son o desenvolvemento de solucións para mitigar a néboa en estrada, co Grupo Puentes; ou para a dispersión de contaminantes en zonas marítimas, co Porto da Coruña e Novotec. Unha aposta, a da I+D+i, que fará consolidarse a D3 Applied Technoligies como un referente na industria naval e ampliar o seu ámbito de actividade ao sector aeronáutico, civil e industrial.

Co programa de axudas Cheque Dixital, que conta cun investimento de 4 millóns de euros, o Goberno galego aspira a chegar a máis de 1.000 pemes e autónomos (poñendo especial atención no rural), e favorecer así a competitividade a través do fomento de proxectos no eido da dixitalización.

Esta iniciativa cubre desde a habilitación de sistemas de control de aforo nas empresas beneficiarias ata outro tipo de melloras como mecanismos de cartelería electrónica, sistemas de notificación no móbil ou a aplicación de solucións de conectividade.

Cheque dixital A prioridade deste programa é a reactivación do tecido empresarial galego a través da transformación tecnolóxica e do impulso aos procesos de dixitalización, apoiando proxectos que promovan a súa adaptación á situación creada pola pandemia sanitaria.

As axudas cubrirán dende a habilitación de sistemas de control de aforo ou de normas de calidade da COVID ata outro tipo de melloras como a aposta por mecanismos de cartelería electrónica, sistemas de notificación en b, automatización de procesos regulados, ou a aplicación de solucións de conectividade e incorporación do teletraballo ou relativas á ciberseguridade.

Poderán aspirar a estes apoios as pequenas empresas e os autónomos do sector servizos, as entidades do tecido asociativo e empresarial galego, e as entidades da economía social que sexan pymes e non estén nos sectores da pesca/acuicultura ou produción primaria. Os gastos realizados deberán ascender a un mínimo de 1.500 euros, chegando a un máximo de 12.000 euros, e cubrindo a liña ata o 80 % do custo dos proxectos, coa posibilidade de obter un anticipo da metade do presuposto. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de setembro.

A Empresa D3 Applied Technologies, no Milladoiro, está formada por un grupo de científicos, enxeñeiros e colaboradores externos con experiencia no seu campo de especialización. “Nuestra apuesta por los métodos numéricos y la simulación es enorme, tanto desarrollando metodologías de diseño de última generación como invirtiendo en equipos de supercomputación para potenciar el rendimiento de nuestros diseños y los de nuestros clientes”.

O PROTAGONISTA
“Dar valor engadido aos seus produtos e servizos”
Francisco Conde
Vicepresidente segundo

O obxectivo da Xunta non é outro que contribuír a que “empresas galegas como esta poidan ter acceso a unha mellor infraestrutura dixital e máis equipamento para dar valor engadido aos seus produtos e servizos”. Con esta liña, explica, a Xunta dá continuidade a outras axudas como as destinadas a proxectos en sectores estratéxicos como o téxtil, o naval ou a automoción (7,4 millóns de euros), ou o programa Galicia Exporta Dixital (6 millóns), co cal as empresas galegas poden acceder ás novas canles de comercialización online para abrirse camiño ou consolidarse no mercado exterior. O Goberno galego ratifica co cheque dixital a súa decidida aposta por introducir as tecnoloxías no día a día do texido empresarial galego. O ano pasado destináronse 36 millóns a introducir a transformación dixital.

{ A OLLADA }
Renovarse
ou morrer
Claudina Estévez

Os tempos cambian e está claro que introducir a dixitalización no tecido empresarial galego é fundamental para adaptarse a eles. A importancia de estar inmerso nas novas tecnoloxías presenciámolo perfectamente coa pandemia da COVID. En España, e en Galicia en particular, non estamos acostumados ao teletraballo pero todos, en maior ou menor medida, tivemos que adaptarnos e seguramente foron moitas as empresas que se deron conta de que non estaban preparadas para atender esa forma de traballo. Foi un gran exemplo da importancia actual de estar no barco da dixitalización. Precisamente con este programa, a Xunta trata de axudar a pemes e autónomos, especialmente do eido rural, a ser máis competitivos.

23 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.