Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Xunta e Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos asinaron en O Son o convenio polo que se redactará a nova guía de boas prácticas // Os traballos comezarán este ano cunha diagnose do estado actual das instalacións TEXTO M. Torres

Galicia aposta pola integración paisaxística dos seus 120 portos

A Xunta inicia a redacción dunha guía de boas prácticas para mellorar a integración paisaxística dos máis de 120 portos autonómicos.“Este proxecto responde ao obxectivo de fomentar a recuperación dos espazos degradados, poñer en valor e conservar as paisaxes rurais, urbanas, costeiras e de interior, é dicir, todas as paisaxes de Galicia, que son abundantes en cantidade e calidade”, explicou ao respecto a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Fíxoo durante a firma do convenio de colaboración para a redacción deste manual con recomendacións, que está incluído no Plan estratéxico da paisaxe galega 2021-2024. Un acto que tivo lugar este mércores no concello de Porto do Son, no que participaron, ademais de Vázquez, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, Enrique Urcola.

Así, o Instituto de Estudos do Territorio —dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda—, Portos de Galicia —Consellería do Mar— e o Colexio traballarán na redacción deste novo manual, unha guía de recomendacións básicas, para evitar o impacto na paisaxe das instalacións portuarias da Xunta de Galicia.

Segundo avanzaron, os traballos comezarán este mesmo ano cunha diagnose do estado actual das instalacións portuarias. A previsión é dispoñer deste documento, no que se investirá un orzamento de 40.000 euros, no ano 2022.

A conselleira do Mar subliñou que a integración entre as vilas e os portos é fundamental para o seu desenvolvemento e que nela deben terse en conta os aspectos paisaxísticos. Por iso, asegurou que esta guía “vai permitir adecuar e protexer os peiraos galegos para facelos máis atractivos tanto para os veciños e usuarios como para os visitantes”.

Con esta ferramenta, engadiu Rosa Quintana, “Galicia contará cunha diagnose e cunha proposta de como actuar para protexer todo o que os portos teñen de patrimonio e de paisaxe”. Este labor, salientou, contribuirá a mellorar a imaxe das áeras portuarias, a visión do sector e o seu atractivo patrimonial, etnográfico, turístico e cultural.

Ambas conselleiras coincidiron en que as instalacións portuarias deben ser “funcionais e prácticas” pola actividade que acollen, pero tamén se debe conservar a beleza da contorna, así como un equilibrio nas estruturas e infraestruturas.

“Apostar por unha integración paisaxística dos espazos portuarios é poñer en valor a excepcional paisaxe que conforman as dársenas e terreos anexos ou auxiliares, vinculados ás diferentes actividades —lonxas, talleres, almacéns, cafeterías, etc.— que se atopan no ámbito portuario e, en consecuencia, dar un pulo á calidade de servizos dos traballadores e usuarios”, aseguraron as representantes da Xunta.

Na sinatura do convenio tamén estiveron presentes o director do Instituto de Estudos do Territorio, Francisco Barea; a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo; o concelleiro de Medio Ambiente sonense, Manel Deán; e o patrón maior de Porto do Son e Portosín, Emilio Queiruga Santamaría e Isaac Gaciño Santos, respectivamente.

a protagonista
“Mellorará a ordenación das paisaxes”
Ángeles Vázquez
Conselleira de Medio Ambiente

Durante a firma do convenio de colaboración para a redacción do manual, a conselleira de Medio Ambiente lembrou que a Xunta leva anos traballando na elaboración de guías específicas para mellorar a xestión, ordenación e conservación das paisaxes de Galicia. Todas están dispoñibles de xeito gratuíto na páxina web do Instituto de Estudos do Territorio.

Asemade, Vázquez recordou que o primeiro manual publicado, no ano 2012, foi o de estudos de impacto e integración paisaxística; ó que lle seguiron oito títulos máis. No ano 2020 publicáronse os dous últimos: a guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos e a de integración de actividades extractivas. O investimento destinado á elaboración destes documentos, entre os que xa se publicaron —un total de nove— e os que están en elaboración, é de máis de 400.000 euros.

{ blanco o negro }
Preservar lo característico
Marta Torres

considero que todas las iniciativas que buscan poner en valor los distintos recursos paisajísticos de nuestra Comunidad deben ser bienvenidos. La Xunta lleva años trabajando en este sentido, poniendo en marcha una serie de medidas integradas en la estrategia del paisaje de Galicia, con el fin de proteger y preservar los elementos más significativos y característicos de los diferentes paisajes; ordenar a través de acciones, restaurar o regenerar y gestionar el territorio mediante documentos que guíen las transformaciones provocadas desde distintos ámbitos, como el social, económico o ambiental. Los puertos son una de las mayores señas y atractivos de esta tierra, de ahí la importancia del anuncio de este nuevo manual.

29 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.