Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Garanten o coidado dos nenos no comedor e unha recollida flexible

Despois de varias horas de reunión, proxenitores, concelleiro de Educación e partidos acordaron as pautas para este curso

A concellaría de Educación de Ames vén de consensuar os horarios e as condicións da recollida dos rapaces nos colexios e escolas públicas, garantindo que en caso de non dar chegado no período prefixado, os alumnos quedarán coidados polos monitores do concilia Tardes Divertidas (incluso se non poideran acudir á parada nos casos de que haxa bus despois do comedor, xa que o vehículo regresará ao centro co neno).

Deste xeito, e despois de debatir durante horas nun consello educativo cas familias e representantes políticos, dende o tripartito quixeron deixar claro que “a organización dos horarios de recollida son fundamentais para garantir a seguridade e o correcto funcionamento nas saídas da rede municipal de comedores escolares”, pero engadindo que éstes adaptaranse “con flexibilidade ás necesidades de conciliación”.

E para iso, os pais ou titores terán que escoller os horarios de recollida dos seus fillos conforme os que se reflicten para o servizo de cada comedor na páxina conciliames.gal. E poderanse escoller, dentro dos horarios existentes, unha hora distinta segundo o día da semana que se trate. Eses cambios terán como único requisito que sexan dentro dos tramos existentes para cada curso, e deben facerse coa antelación suficiente e sempre que non afecten á organización do servizo, motivo polo que deberán ser comunicados polo WhatssApp á coordinadora do comedor.

No caso que por un motivo sobrevido (un accidente, un atasco, unha xuntanza de traballo inesperada, por exemplo) non sexa posible avisar con antelación por tratarse dun incidente que acontece no mesmo día, deberase avisar inmediatamente á coordinadora vía WhatssApp e para máis seguridade mediante unha chamada telefónica. Pero incluso nestes casos, se dito incidente impedira aos pais e titores chegar a tempo para recoller ao rapaz na última saída do comedor, o neno quedaría no servizo de Tardes Divertidas como usuario ocasional podendo as súas familias xestionar o bono como usuario ocasional no servizo ao día seguinte de que acontezan os feitos.

Xa naqueles comedores que teñan servizo de autobús despois do comedor, e no caso excepcional de que o alumno chegue á parada correspondente e non haxa ninguén acreditado para recollelo, levarase de volta ao centro escolar facéndose cargo da situación o servizo de Tardes Divertidas, que chamará aos pais ou titores para informarlles da situación.

E, ao igual que acontece no caso anterior, o neno quedará no servizo de conciliación nesa xornada como un usuario ocasional, podendo os pais xestionar o bono como usuario ocasional no servizo ao día seguinte de que acontezan os feitos, aínda que pregan “máxima responsabilidade neste aspecto”, e que os proxenitores teñan os móbiles operativos por si houbera incidencias no servizo de comedor.

17 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.