Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

González Formoso destaca o investimento histórico do seu organismo en Melide

Cifrouno en máis de 7.000.000 de euros // Incidiu na importancia deste Concello, paso obrigado do Camiño

Desde o ano 2018, os distintos plans, programas e liñas de axudas da Deputación da Coruña supuxeron para Melide un investimento de máis de 7 millóns de euros. O dato douno onte, durante unha visita, o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, que detallou que a maior parte deses fondos (cinco millóns) corresponden ao Plan Único (POS+) cos que o Concello está a acometer distintas obras para humanizar, dotar de novas beirarrúas, pavimentos e mobiliario urbano a numerosas rúas, prazas e espazos públicos do municipio, mellorando tamén a súa imaxe e servizos públicos como o saneamento e abastecemento de auga ou o alumeado.

“En Melide vemos un claro exemplo de cómo o Plan Único contribúe a mellorar as infraestruturas e vida dos cidadáns dos municipios da provincia, neste caso cunha aposta do goberno local para mellorar a accesibilidade, a estética e a seguridade de numerosas rúas, algunhas delas lugares estratéxicos porque forman parte do viario tradicional ou dos Camiños Francés e Primitivo, polo que proxectan a imaxe do municipio a todo o mundo a través dos centos de peregrinos que cada día percorren a Ruta” , afirmou o presidente, que visitou Melide para coñecer in situ algunhas das obras que o Concello está a acometer cos fondos do POS+.

Acompañado do alcalde de Melide, José Manuel Pérez Penas, e do tenente de alcalde, José Antonio Prado, o mandatario provincial visitou as obras xa completadas nas rúa Mateo Segade e Camiño Real, que supoñen os maior investimento.

Durante a visita tamén se abordou o estado actual do proxecto para conectar a rede de saneamento do polígono industrial de A Magdalena coa EDAR do casco urbán, un proxecto para o que comprometeu a súa colaboración. “Teño que lembrar que se trata dunha competencia autonómica, polo que lle pedimos que polo menos o 50 % do que recada a Xunta polo canon da auga, que en Melide son máis de 1,5 millóns, retorne aos concellos”, afirmou Formoso.

Pola súa banda, a Xunta respostou ao presidente provincial decindo que as súas declaracións“mostran un completo descoñecemento da xestión en materia de auga e, aínda máis, dos problemas no saneamento e depuración de Melide”.

11 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.