Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Homenaxe ós camioneiros falecidos na estrada no San Cristovo de Ribeira

Unha larga caravana percorrerá de novo Santa Uxía o día 10 // O programa inclúe unha sardiñada no porto de Aguiño

Os actos polo Día de San Cristovo volverán ao municipio ribeirense este domingo 10 de xullo cun programa de actividades que foi presentado este luns na casa do concello por parte da concelleira de Cultura, María Sampedro; o párroco de Santa Uxía Alfonso Mera, e Paula Pena en representación da Asociación Alfaia.

O evento dará comezo ás dez da mañá cunha concentración de vehículos no Malecón, en tanto que as once haberá unha actuación do grupo de música tradicional Tahúme de Olveira.

Xa ás doce do mediodía, a Igrexa Parroquial de Santa Uxía albergará unha misa solemne en memoria das persoas falecidas en accidentes de tráfico e, en especial, aos camioneiros. Ao remate terá lugar unha ofrenda homenaxe no adro da igrexa.

Acto seguido celebrarase o tradicional desfile da imaxe de San Cristovo acompañado do grupo Tahúme e o motoclub Os Reventapistóns ata o Malecón, onde se realizará á bendición e posterior percorrido de todos os vehículos co seguinte itinerario: Malecón, García Bayón, Paseo das Carolinas, Avenida da Coruña ara a rotonda das Saíñas, regreso a Padín, Lepanto, Miguel Rodríguez Bautista, Alcalde Fernández Bermúdez, Rosalía de Castro e conclusión na Porta do Sol.

Unha vez concluído este desfile dos vehículos pola localidade, haberá unha sardiñada na explanada do porto de Aguiño por cortesía do gremio de transportistas.

Tanto a tenente de alcalde como o párroco e a representante da Asociación Alfaia animaron á veciñanza a sumarse a esta actividade tan enraizada no concello.

día da bici. Por outra banda, centos de veciños de todas as idades participaron o domingo nunha nova edición do Día da Bici, que regresaba ás rúas da cidade logo de dous anos sen poder celebrarse.

A iniciativa, organizada pola concellería de Deportes, tiña un carácter lúdico-recreativa e contou coa Praza de España como epicentro da celebración, ao constituírse en punto de saída e chegada dunha festa das dúas rodas que incluíu sorteos de material entre os participantes.

Indicar que colaboraron na iniciativa o club Os Saltamontes e as tendas de bicicletas, Sportbike e Quincena, ademais de Policía Local, Protección Civil e a Asociación de Veciños de Carreira.

05 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.