Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
MUXÍA. O Parador da Costa da Morte acolleu a inauguración da XI Semana Internacional do Contract // O sector factura o noventa e cinco por cento no mercado exterior TEXTO J. Ramos

Impulso á cadea de valor da industria forestal de Galicia

A décimo primeira Semana Internacional Contract Galicia, que ten como obxectivo achegar as tendencias e oportunidades de negocio internacionais e promover reunións e networking entre as empresas do sector e prescriptores internacionais de renome, comezou este luns no Parador da Costa da Morte, en Muxía.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, presidiu o acto inaugural, e anunciou que a Xunta destinará nos orzamentos de 2022 un total de 15 millóns de euros ao impulsto de toda a cadea de valor da industria forestal.

No momento no que a sostibilidade e a dixitalización son dous dos grandes obxectivos do sector do contract, Conde asegurou que na cadea de valor da madeira se poden atopar importantes solucións a estes retos. De feito, engadiu, “ofrece propostas renovables, reutilizables e reciclables enmarcadas na bioeconomía e a economía circular, así como novos materiais derivados da madeira, como os que se pretenden obter coa planta de fibras textís e que está proxectada de cara aos fondos europeos Next Generation”.

Puxo tamén en valor o traballo das empresas galegas do sector contract que, explicou, “souberon entrar nesta canle, adquirir experiencia e habilidade para ofrecer os seus servizos en todo o mundo”. Así, engadiu, teñen en Estados Unidos o primeiro mercado, en Latinoamérica unha das rexións de maior desenvolvemento, e na China unha oportunidade a medio e longo prazo.

Galicia ofrece diversidade de empresas, capacidade industrial e innovadora, e está moi enfocada á internacionalización, “xa que o mercado exterior supón o 95 % do total da facturación do contract galego”, subliñou. De feito, “xa levan realizado 10.000 proxectos construtivos en 800 cidades do mundo a través de cadeas hoteleiras, do sector reatil ou de grandes corporacións empresariais e bancarias”.

O vicepresidente económico confiou en que este encontro serva para achegar as tendencias e oportunidades de negocio no ámbito internacional, que pasan pola sostibilidade e a dixitalización a través dos novos materiais, o ecodeseño ou a construción de espazos e inmobles enerxeticamente eficientes.

SANTIAGO. A Semana Internacional do Contract terá continuidade este martes, día 26 de outubro, en Santiago, cunha nova xornada de networking e reunións individuais entre empresas e os prescriptores e relatores participantes. Neste caso a sesión terá como marco os salóns do hotel AC Palacio del Carmen.

O protagonista
“O obxectivo é incentivar a construción en madeira”
Francisco Conde
Vicepresidente económico e Conselleiro de Economía

Francisco Conde asegurou que un dos obxectivos da Xunta con este impulso á cadea de valor da industria forestal “é seguir incentivando a construción en madeira mellorando a trazabilidade dos produtos”. Para iso apostarase pola ecoinnovación e polo fomento da formación, a dixitalización e as tecnoloxías de procesos ecoeficientes nesta industria, ao tempo que se consolidarán proxectos de segunda transformación.

Por outra banda, o vicepresidente asegurou en Fisterra que a Xunta tamén está a impulsar a cadea de valor do sector da xeotermia, desde empresas e particulares ata edificios públicos. Con tal fin investíronse 4 M€ desde o ano 2009.

Selo de Calidade pola instalación de xeotermia

··· O vicepresidente da Xunta, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, tamén fixo entrega do selo Galicia Calidade ao hotel Bela Fisterra pola súa instalación de xeotermia, levada a cabo pola empresa Energanova. Francisco Conde salientou o feito de que apostar por infraestruturas enerxeticamente eficientes no sector turístico contribúe a “crear ambientes confortables e trasladar unha sensación de benestar que inflúe na experiencia turística”. Subliñou que o uso da xeotermia permitiralle ao hotel aforrar máis de 5.000 € ao ano.

··· O xerente do Bela Fisterra, Pepe Formoso, asegurou que esta distinción é “o froito da ilusión, o empeño e unha filosofía de vida, que é a de apostar por deixar un planeta máis limpo e utilizar as mellores enerxías renovables”. Tamén dispoñen de instalación de placas fotovoltaicas.

26 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.