Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Impulso á dixitalización das pemes da provincia dende o polígono de Ponteceso

Acollerá a oficina Acelera Pyme // Dará soporte e asesoramento aos 93 concellos

O parque empresarial de Tella (Ponteceso) acollerá a oficina Acelera Pyme, que dará soporte e asesoramento aos 93 concellos da provincia desde a sede da Asociación de Empresarios.

Os principais obxectivos son sensibilizar ás pemes, autónomos e emprendedores das zonas rurais sobre as vantaxes da dixitalización e fomentar a demanda tecnolóxica, dándolles a coñecer as diferentes tecnoloxías TICs; prestar apoio técnico para a obtención de axudas locais, rexionais e nacionais; potenciar o proceso de dixitalización a través de resolución de dúbidas, asesorar e servir como punto de encontro de oferentes e demandantes de tecnoloxía para o desenvolvemento de accións de transformación dixital.

O que se pretende é que todas as pemes, microempresas e profesionais autónomos da provincia teñan ao seu alcance a transformación dixital das súas empresas e a adaptación ás novas necesidades dun mercado en continúa evolución.

Valentín González, presidente da Deputación da Coruña, e o seu homólogo da Asociación de Empresarios, José Ramón Pombo, asinaron este venres o convenio para a posta en marcha da nova oficina. Ao acto asistiron tamén o alcalde de Ponteceso, Lois García, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo.

O presidente sinalou que a Deputación “está realizando unha importante aposta pola reactivación social e económica do rural coruñés” con iniciativas pioneiras coma esta ou a implantación da Oficina Next Deputación para a captación e tramitación de fondos Next Generation no concello da Capela (1.400 habitantes), coas que pretende demostrar “a capacidade de prestar servizos de calidade e de ámbito provincial desde pequenos municipios”.

“Impulsar a dixitalización é clave para que as pemes se asenten en municipios pequenos e creen emprego e oportunidades. Acelera Pyme será unha peza clave nese obxectivo da Deputación da Coruña”, subliñou.

O alcalde agradeceu que dende a Deputación se “recoñeza e valore o traballo realizado desde Ponteceso pola promoción económica e industrial da Costa da Morte”.

orzamento
Máis de 468.000 euros

··· O custo da posta en marcha da oficina de Ponteceso ascende a 468.000 euros, dos cales o 80 % corresponderán aos fondos captados a través da convocatoria de Red.es e o restante 20 % será aportado pola Deputación.

··· O seu persoal organizará sesións de networking para conectar a oferta coa demanda tecnolóxica, identificando os programas de axudas a nivel local, rexional e nacional para informar ao tecido empresarial da provincia. Os interesados poden atopar más información na web https://pel.gal/lineas/lina-4-financiamento-europeo/oap/ ou no e-mail oaprural@dacoruna.gal.

10 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.