Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Iniciada a senda que unirá A Casilla, O Araño e Bures

Terá 1,3 quilómetros de lonxitude e estará lista na vindeira primavera // Ten un investimento de medio millón de euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou esta semana as obras de construción da senda que conectará, a través da estrada comarcal AC-305, os núcleos de A Casilla, O Araño e Burés, no Concello de Rianxo.

Os traballos, que contan cun investimento autonómico de máis de 500.000 euros, teñen como obxectivo mellorar a seguridade viaria na AC-305, habilitando sendas peonís que favorezan a mobilidade a pé dos veciños.

A actuación ten un prazo de execución de 6 meses, polo que se prevé que esté rematada na primavera de 2023.

Actúase nunha contorna na que hai dous treitos de estrada que carecen de espazo para permitir un tránsito peonil seguro, e teñen vivendas nas súas marxes.

A Xunta promove esta obra, que favorecerá os desprazamentos seguros a pé e garantirá, tamén, un mellor acceso ás paradas de transporte público.

O itinerario execútase pola marxe dereita da estrada, habilitando, en total, algo máis de 1,3 quilómetros de senda. Tomando como referencia a liña do bordo actual da vía, ampliarase ou reducirase a beiravía para igualala ata os cincuenta centímetros en toda a actuación.

A partir de aí, aumentarase a plataforma ata acadar unha senda de dous metros de ancho, e incluso nalgún treito disporá de rígola e bordo de formigón, segundo informaron dende o citado departameto autonómico.

A nova senda desenvolverase en dous tramos, para ofrecer continuidade aos desprazamentos peonís nunha zona na que, actualmente, os viandantes se ven obrigados a camiñar pola calzada. O primeiro partirá do núcleo de Burés, a continuación da beirarrúa actual, e finalizará no lugar dos Xens, onde conectará coa senda existente.

colector de pluviais. Son, en total, uns 820 metros de senda. O segundo treito de itinerario, de 510 metros de lonxitude, comezará na núcleo de Contrés e finalizará na Casilla, dando continuidade ao itinerario actual.

O firme da mencionada senda será en formigón armado e baixo el disporase unha base de solo seleccionado, prevéndose tamén a execución de colectores para recoller e dirixir as augas pluviais.

varandas. Os traballos completaranse coa instalación para as redes de telecomunicacións e coa semente dos taludes e desmontes, como medida de rexeneración ambiental. Ademais, colocaranse varandas de protección dos peóns en distintas zonas e a sinalización precisa.

Esta intervención de mellora da seguridade viaria contará con financiamento dos fondos React UE da Unión Europea. Xunto con estas obras, o departamento de Infraestruturas da Xunta de Galicia acomete unha actuación adicional na outra marxe desa mesma estrada, coa execución dunha senda en Burés, adxudicada por un importe de preto de 50.000 euros.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez segue a impulsar a construción de novas sendas co obxectivo de dotar os veciños de itinerarios que lle permitan facer os seus desprazamentos cotiás de xeito máis cómodo, seguro, sustentable e saudable.

22 ago 2022 / 18:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.