Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Investimento millonario para pór a punto a capital barbanzá

Destinaron a mellorar infraestruturas e servizos nas parroquias máis dun millón de euros // En Santa Uxía ascende a 532.425 €

O primeiro semestre do ano 2021 pasará por ser un dos de maior inversión pública municipal na historia do Concello de Ribeira. Así, os distintos procedementos de contratación impulsados traducíronse na aprobación da adxudicación dun total de 38 expedientes por un importe global de 9.549.017,16 euros.

Segundo indicaron dende a administración local, dous proxectos aglutinan máis do 75 % desta contía, estando ambas destinadas a satisfacer as necesidades do conxunto da cidadanía do termo municipal: a construción do novo auditorio municipal na praza do Centenario (3.977.964,69 euros) e os servizos de man-temento das estacións de-
puradoras de augas resi-duais de Couso e Corrubedo (3.368.919,15 euros).

Sensiblemente inferior é a terceira actuación en valor económico (284.707 euros), a construción do novo apeadoiro central da estación de autobuses fronte á praza Heroínas de Sálvora, actualmente en fase de traballos previos ao arranque da intervención.

Por outra parte, cómpre destacar que máis dun millón de euros estiveron destinados a melloras nos servizos e infraestruturas nas parroquias do municipio. Entre elas, figuran a última fase do Centro Social de Carreira, a pavimentación da estrada de Axeitos e de Bretal a Reiriz en Olveira, o parque infantil do colexio de Artes, a renovación de servizos na rúa do Vilar en Palmeira, a renovación da rede de abastecemento na Mámoa (Carreira), a segunda fase da dotación de beirarrúas e pluviais na Ameixida (Castiñeiras) ou o acondicionamento do entorno do Conservatorio do núcleo de Aguiño.

No que se refire á cidade de Santa Uxía hai que destacar intervencións similares como a renovación de servizos e pavimentación na avenida da Coruña ou a renovación de luminarias nas rúas de Lugo, Rosalía de Castro e Galicia. Suman un total de 532.425 €.

Consonte co anterior e descontando as referidas actuacións destinadas a atender o global do municipio, o investimento por habitante en obras nas parroquias ascende a 94,55 €/habitante, mentres que en Santa Uxía de Ribeira é de 39,43 €/hab. Ademais, a área de Contratación sumou unha traballadora.

08 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.