Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
O Ministerio para a Transición Ecolóxica seleccionou iniciativas nos municipios de Brión, Carnota, Pobra do Caramiñal e Silleda // Valorouse a cohesión social e económica do territorio mediante a creación de emprego, o desenvolvemento do medio rural e tamén a loita contra a despoboamento TEXTO Javier Salutregui

Investimentos de case catro millóns en renovables na área de Santiago

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, destacou o importante investimento de doce millones de euros para proxectos innovadores relacionados coa enerxía renovable, cinco deles para Área (incluindo dous en Silleda) por 3,7 millóns (31 % do total) . O anuncio fíxose tras coñecer a resolución do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

O Ministerio, a través do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), seleccionou as iniciativas por ser innovadoras no campo das enerxías renovables e centrarse na xeración de enerxía eléctrica e a produción de enerxía térmica mediante fontes renovables. Estes proxectos recibirán financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), destinado a fortalecer a cohesión económica na Unión Europea e a corrixir os seus desequilibrios.

As novas instalacións de fontes renovables contribuirán a reducir a emisión de gases contaminantes á atmósfera e a dependencia enerxética, á vez que xerarán e consolidarán a actividade e o emprego nos sectores económicos nos que se implanta, ademáis de estimular o desenvolvemento de novas tecnoloxías e modelos de negocio.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica elixiu iniciativas nos concellos da Coruña, A Pobra, Brión, Carnota, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Sada e Santiago. Valorou a cohesión social e económica do territorio mediante a creación de emprego, o desenvolvemento rural e a loita contra a despoboación.

A subdelegada explica que os proxectos coruñeses corresponden a dúas convocatorias: unha de xeración de enerxía renovable e outra de produción. En función dos concellos onde están localizados os proxectos, as achegas destinadas ás instalacións de xeración ascenden a 260.896,60 € en Santiago, 30.391,29 € na Coruña, 37.076 € na Pobra, 219.200 € en Carnota, 43.040 € en Ferrol e 21.520 € en Narón. O total dos investimentos é de 612.124,31 €.

Aínda que non aparecen o nome das empresas beneficiadas, sí son públicos os proxectos aos que se destinarán as achegas na área de Compostela. En A Pobra do Caramiñal os 37.076 € destinaranse a instalacións fotovoltaicas de autoconsumo sen almacenamento, cunha potencia estimada de 0,4620 megavatios. Por outra parte, en Carnota os 219.200 € empregaranse en instalacións eólicas de 0,1000 megavatios.

En canto ás instalacións de produción de enerxía térmica con fontes renovables, o proxecto de Culleredo contará cun investimento de 160.020 €, o de Brión 985.000 €, o de Sada 73.000 €, os proxectos da Coruña 1.172.870 € e 160.020 € respectivamente; os de Oleiros 79.8000 € e 214.572,40 €; e, por último, 97.126 € o de Santiago. En total, a contía dos investimentos neste ámbito ascende ata os 2.942.908 €.

Os proxectos beneficiados polas achegas son a biomasa destinada ás caldeiras para aplicación industrial de alta potencia, cunha potencia estimada de 5.000 megavatios, en Brión; e a xeotermia ou hidrotermia con abastecemento fotovoltaico para aplicación no sector servicios ou industrial, en Santiago, cunha potencia estimada de 200 megavatios.

E non hai que esquecer outros dous en Silleda (xa na provincia de Pontevedra) por 2,2 millóns para producir enerxía a partir do biogás.

As achegas na área de Compostela, sumando os proxectos de instalacións de xeración e produción, son de 3,7 millóns. Contando tamén Santiago, superaría os catro millóns de euros e convertiríase na primeira zona de influencia con máis financiación. A segunda sería a de Lugo, con 1.933.182 € millóns, e logo Coruña (Oleiros, Sada e Culleredo) cun total de 1.891.173,69 €, aínda que en solitario a cidade herculina xa obtería 1.593.786,60 €. Por contra, a comarca de Ferrolterra (Ferrol e Narón) apenas sumaría 64.560 € para que poidan levar a cabo os seus proxectos innovadores en renovábeis, sendo a zona menos remunerada.

Aposta pola industria e os servizos

A subdelegada destacou a importancia do investimento de 3.555.032,71 euros en 14 proxectos innovadores de enerxía renovable da provincia, e salientou a aposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica e da Unión Europea pola transición enerxética no tecido industrial, os servizos e o sector público. Curiosamente, o fixo telematicamente o 9 de febreiro, un día despois de anunciar polas suas redes sociais que dera positivo en coronavirus.

En canto ao seu currículo, María Rivas é licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña e funcionaria do Concello herculino desde o ano 2001. Nese tempo asumíu diferentes responsabilidades no concello coruñés, como coordinadora de rexistros municipais e xefa do servizo de Alcaldía.

En xuño de 2018 asumíu a xefatura de Gabinete do delegado do Goberno en Galicia hasta o seu nomeamento como subdelegada do Goberno.

13 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.