Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 27 octubre 2021
01:49
h
SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Investiría máis nas áreas deportivas do Milladoiro”

Eloi Rodríguez, estudante

    Cargando reproductor ...

Residente no Milladoiro, que tres cousas faría en favor dos veciños?

Pois tres cousas que cambiaría do Milladoiro serían, en primeiro lugar, as zonas verdes, xa que crearía máis no que é a zona urbana. Despois crearía o famoso carril bici que conecte Milladoiro con Santiago e, por último, gustaríame que se investise máis no desenvolvemento e na consecución das infraestruturas deportivas, xa que somos unha poboación que leva aumentando ao longo dos últimos vinte anos e as instalacións sempre foron as mesmas.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Unha cousa que me gusta moito do Milladoiro é a fácil accesibilidade que existe a diversos servizos que hai por toda a zona, como poden ser os sanitarios, os deportivos, os de ocio...

E o que peor lleva?

O que menos me gusta do Milladoiro ou o que menos me gusta desta cidade é a ausencia de espazos naturais que non sexan monte, é dicir, zonas verdes e de esparexemento para que a xente poida facer actividades de lecer en familia ou cos amigos, pasear os cans ou tan só pasear despois dunha xornada de traballo. Basicamente iso é o que menos me gusta da vila na que resido: a carencia ou ausencia case total de zonas verdes, alamedas e parques públicos.

13 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.