Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Kaydy Cain: cabeza de cartel do Rompentiño

Como tódolos anos, o festival de música urbana por excelencia chega a Porto do Son e con el, os nomes protagonistas da escena musical española reúnense en Galicia. Nesta edición, marcada pola pandemia da Covid 19, visitarán a vila mariñeira artistas comon Kaydy Cain, Mayo 214, Delaossa Picasso, Dirty Porko ou Israel B entre moitos outros. Deste xeito, o rap mailo trap conseguen impoñerse á crise xerada polo virus e demostrar que levar a cabo unha cultura segura é posible. Asi pois, na edición deste ano vanse aplicar unha serie de medidas de seguridade para garantir que o Rompentiño se poida realizar con normalidade, pero de ningún xeito van a impedir que o rap mailo trap asolaguenpor completo a península do Barbanza.

O venres 3 de setembro dará comezo o festival ás 15.00 da tarde cunha Rock Session que copará até as 17.00, momento no que terán inicio as actuacións dos artistas urbanos como J Dose ou Dirty Porko, entre outros. O prato forte do día e do festival será as 23.00 horas coa actuación de Kaydy Cain, artista que conta con máis de millon e medio de oíntes mensuais en Spotify e que fixo colaboracións con músicos, entre eles Rosalía, gañadora de varios premios Grammys, e Rels B.

Kaydy cain. Daniel Gómez Carrero, conocido profesionalmente como Kaydy Cain, ten 30 anos e é natural do barrio madrileño de Opañel, en Carabanchel. Antes de adoptar o personaxe de Kaydy Cain e participar activamente na explosión do trap nacional xunto coa PXXR GVNG, Daniel Gómez xa facía música rap cun estilo underground moi marcado. O son deste madrileño sempre foi fresco e innovador, reinventándose constantemente, ata o punto de que coa Mafia del Amor deulle a volta ao xénero e creou unha vertente propia: “El estilo del barrio obrero”. Deste xeito, e sempre co afán de seguir explorando seus límites, ben en solitario ou ben coa PXXR GVNG, la Mafia del Amor ou Los Santos, Kaydy Cain tocou, explorou e mezclou unha infinidade de estilos musicais diferentes, facendo dende cancións dun trap mais urbano ata reggaeton, dancehall e salsa.

Daniel Gómez comezou a súa carreira en solitario no ano 2017 cando se separou de Yung Beef e Khaled. Dende aquel momento, a súa proxección foi meteórica, ata tal punto que, o ano pasado traballou como coautor no tema de Rosalía Juro que e axudou a que este chegase a unha audiencia máis diversa e ampla. No referente a este ano 2021, Kaydy, acaba de sacar un novo traballo titulado El juguete de tu muñeca. Cain está nunha etapa trascendental, tanto na súa vida persoal como profesional, xa que o artista madrileño acaba de ser pai, feito que lle fíxo adaptar un novo prisma do que é a súa música, facendo que poña máis empeño nela e esté “cada vez mucho más currada”.

Mixtape. O último traballo de Kaydy Cain chámase El juguete de tu muñeca e está composto por sete cancións: Hollywood, I Don’t Sleep , Si no me das tu corazón te lo robo, No es X ti, Todo y Nada, El juguete de tu Muñeca e Serena Williams. O título da mesma nace da temática que ten o traballo, xa que a meirande parte das cancións son de reggaeton e basadas en feitos e historias reais, porque estas contan unha historia de amor entre dúas persoas que non poden estar xuntas. Así pois, o título débese a que o artista quixo facer un paralelismo entre a historia que contan as cancións e o feito de haber creado un xoguete de sí mesmo. Feito curioso, o de crear un boneco propio, que naceu, tal e como contou Daniel nunha entrevista para Shangay, dunha maneira moi aleatoria e casual, xa que “fue una idea que surgió de mis locuras. Hace tiempo me compré una máquina 3D, y con unos amigos artistas de Barcelona empezamos a hacer cosas, como una impresión mía. Me parecía otra manera interesante, y con gracia, de contar mi historia”, dixo Kaydy.

Ideais. Sempre se dixo que o reggaeton é un xénero musical machista e homófobo, na maioría dos casos, xa que existen excepcións como é o caso de Kaydy Cain, quen dende un principio logrou que a súa música empatizase e conectase máis co colectivo LGTBI. Cando se lle pregunta acerca de isto ao artista de Carabanchel, responde o seguinte, “la conexión se dio desde nuestros inicios (como Pxxr Gvng). Es verdad que éramos unos chavales que hacíamos música más de gueto, pero tuvimos la suerte de que mucha gente homosexual nos entendiera, más que la heterosexual. Ese público siempre ha sido mucho más abierto de mente a la hora de acercarse a nuestra música. El apoyo siempre lo he sentido, éramos conscientes de él. En nuestro mundo del trap, lógicamente, hay gente homosexual, y yo, por suerte, me crié con unos padres bastante avanzados; nunca ha supuesto para mí un conflicto moverme con personas gais. De hecho, gente homosexual que creció con nosotros tuvo muchos problemas, de los que éramos conscientes, y quizá por eso nos juntábamos, para apoyarnos frente a mentes mucho más cerradas”, declaró Daniel Gómez Carrero.

Rompentiño. Kaydy Cain, xa consagrado como un dos maiores referentes da música urbana, chega a edición do Rompentiño 2021 como cabeza absoluta de cartel e preparado para romper o escenario ao longo dunha hora. O artista madrileño vén coa súa última mixtape e co single Sugar Daddy, temas que aúnan o trap, o reggaetton, o dancehall e ata ritmos latinos como a salsa e o merengue entre outros moitos.

Kaydy Cain actuará o venres día 3 de setembro ás 23 da noite, xusto despois de DJ Mil e coas actuacións de Mayo 214, Face e Dirty Porko xa rematadas, sendo el quen lle porá o broche de ouro a sesión do venres e, quen sabe, se presentará algunha novidade ás que é tan propenso no primeiro día do festival sonense.

Horario oficial: os concertos terán comezo ás 15.00 da tarde e porán punto e final ás 2.30 h. os dous días
Kaydy Cain actuará o venres ás 23.00h e outros como Dirty Porko ou Mayo 214 farano ás 18.00 e as 20.00

O Rompentiño xa ten horario oficial: o festival celebrarase o venres 3 e sábado 4 de setembro e a música soará ininterumpidamente dende as 15.00 da tarde até as 2.30 horas da madrugada os dous días.

venres. O primeiro día do festival, a maiores da música urbana, haberá unha excepción, xa que dende as 15.00 até as 17.00 horas terá lugar unha Rock Session a cargo de Mad Martín Trio, Maneiro e Recambios tucho. Estes actuarán no espazo cronolóxico anteriormente mencionado, e cabe resaltar que tódolos concertos, menos o último, duran unha hora. Así, a música urbana comezará ás 18.00 da man do catalán Dirty Porko, continuando ás 19.00 con J.Dose & Los Chicos de la Lluvia. A estes seguiranlle Mayo 214 ás 20.00 e Face ás 21.00, mentres que ás 22.00 será o turno da música electrónica da man de DJ Mil como anticipo do concerto estrela do día, o de Kaydy Cain, que terá lugar as 23.00. Por último, á medianoite actuará Kike Varela e acto seguido porán o peche ao primeiro día Santornino & Martín Pérez até as 2.30 horas da madrugada, a máxima permitida debido ás restriccións que existen derivadas da pandemia e que son impostas pola Consellería de Sanidade, guíada polo Comité Clínico de expertos sanitatios.

sábado. No que se refire ao segundo día do Rompentiño, os horarios estarán organizados da mesma maneira. Os concertos durarán unha hora a excepción do último que terá unha hora e media de extensión. Así pois, a música empezará a soar ás 17 da tarde e rematará ás 2.30 horas. O día dará inicio cunha batalla de galos, na que os dous clasificados se enfrontarán, de xeito posterior, a Invert, BTA e LE33. Isto arrincará ás 17.00 e finalizará ás 19.00 horas, cunha parada no medio na que se interpretará o himno oficial do festival, a canción Calaveras, composta polo Dúo Minúsculo. Tras este espectáculo de freestyle, iniciaranse os concertos ás 19 da man de Swit Eme, seguido de Santa Salut ás 20.00 horas e dun dos cabezas de cartel ás 21.00, Israel B. A música proseguirá con Delaossa ás 22.00 e Kaixo ás 23.00 horas, á medianoite comeza Steve Lean, para que pechen o festival por tódolo alto Santornino e Martín Pérez dende a 1.00 até as 2.30 horas da madrugada.

Así é como quedaría composto o Rompentiño 2021, unha programación completa e chea da mellor música urbana que achega até Porto do Son a algúns dos artistas máis punteiros do panorama underground español e latinoamericano. Deste xeito, artistas como Delaossa que acaba de sacar un tema con Nicky Nicole ou Israel B, que co seu estilo tranquilísimo e xunto con C. Tangana leva varias semanas enchendo as listas dos máis reproducidos en Spotify de tódolos países hispanosfalantes. O festival sitúase un ano máis como un dos espazos máis importantes na música urbana, congregando aos artistas referencia da actualidade e achegándoos até Galicia.

O festival serviu como plataforma de impulso a artistas como Recycled J
O Rompentiño busca dar a coñecer a novos artistas que contan co talento pero non poseen o medio necesario

Din que o rap mailo trap son a rara avis da música, afirmación que dependendo do enfoque pode estar mais ou menos acertada. Por un lado, a música urbana non conta con presenza algunha nas plataformas de difusión tradicionais como poden ser os medios de comunicación en sí, pero a pregunta é a seguinte: É necesario soar na radio e ter un contrato cunha multinacional para ter bos números e que a túa música sexa escoitada? Pois non, e un claro exemplo disto é que moitos artistas urbanos poseen mellores cifras que outros que soan sen parar nas principais listas de éxitos.

Isto sucede porque, na actualidade, grazas a espazos como YouTube mais Spotify ábrese a posibilidade de acceder a millóns de persoas, o mesmo que fai a radio pero de maneira gratuíta. Así é que artistas deste xénero contan con máis de millón e medio de oíntes mensuais nestes espazos. Ademais, ás plataformas xúntanselle os festivais de música urbana que serven como altofalante para todos aqueles artistas que necesitan un espazo onde mostrarse, porque talento teñen de abondo, sendo o mellor exemplo posible desto o espazo que dá o Rompentiño.

plataforma. O festival que se celebra cada ano na península do Barbanza leva xa cinco edicións proporcionándolle un lugar a todos aqueles músicos urbanos que o necesitan. Así é que dentro da filosofía do Rompentiño está a premisa de que tódolos anos ten que haber polo menos un artista promesa ao que dotar de repercusión, xa que el conta co talento necesario e o festival coa repercusión, exercendo así un tándem do que ambos obteñen un beneficio.

Os rapeiros que se fixeron valer ou recibiron un empurrón grazas a súa actuación nesta plataforma son, actualmente, moi coñecidos a nivel nacional e algúns ata internacionalmente. Por exemplo, polo escenario do Rompentiño pasaron figuras da talla de Rels B, Recycled J, Shotta, Dollar ou Kid Keo cando non eran artistas do calibre que son agora, xa que todos eles, a día de hoxe, forman parte da punta de lanza que guía ao panorama urbano nacional.

freestyle. Pese a que este ano debido a crise xerada pola pandemia da Covid 19 non haberá competicións deportivas, aspecto fundamental no resto das edicións do festival, as batallas de galos ou as exhibicións de freestyle si que se manteñen. Así, o sábado 4 de setembro realizarase unha batalla previa da que sairán dous clasificados para enfrentarse contra algúns dos galos máis coñecidos do panorama: BTA, Invert e LE33, anteriormente coñecido como Greensoul é un dos maiores expoñentes da comunidade do freestyle galego unicamente tras Force. Deste xeito, o Rompentiño permite non só coñecer a novos músicos, senón que tamén a novas promesas do freestyle hispano.

29 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.