Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
O pleno da Deputació da Coruña aprobou unha actuación por más de 1,7 millóns en vías de Tordoia, Trazo, O Pino, Melide, Ordes,e A Laracha// A inversión permitirá ampliar calzadas, mellorar firmes e crear sendas para incrementar a seguridade viaria para o tráfico rodado e peonil TEXTO Sol Elvira

Lavado de cara a estradas provinciais

O pleno da Deputación da Coruña deu luz verde o venres a investimentos por importe de 4,9 millóns de euros para mellor a seaguridade viaria en 34 quilómetros da rede provincial de estradas en quince conellos da provincia. Dese total, 1.760.000 euros beneficiarán a viais de seis municipios de Área de Compostela.

Segundo explicou o deputado provincial de Vías e Obras, Manuel Pequeño Castro, este importante presuposto permitirá ampliar calzadas, mellorar firmes e crear sendas nesas zonas para incrementar a seguridade viaria para o tráfico rodado e peonil nos concellos.

En conxunto, as obras levaranse a cabo en conexións de Curtis, Cariño, Culleredo, Cambre, Valdoviño, O Pino, Melide, Tordoia, Trazo, Cerceda, Ordes, Abegondo, Carral, Arteixo e A Laracha

En canto as actuacións que afectan os seis municipios de Área de Compostela, Melide verá mellorada a DP-4603 a Ribadulla. As tarefas contarán cun orzamento provincial de 426.457 euros, cantidade que permitirá reforzar a capa de rodaxe actual con mestura bituminosa en quente nun tramo de preto de cinco quilómetros.

Polar súa banda, os concellos de Tordoia e Trazo tamén contarán cun orzamento de 419.629 euros que vanse destinar a acondicionar o firme da DP-5903 de Ordes a Portomouro por Pontechonia.

Así mesmo, dedicaranse 390.908 euros para renovar a capa de rodaxe da DP-2405 de Cerceda a Mesón do Vento (Ordes) ao longo de 3,4 quilómetros; outross 301.945 euros serán para acondicionar a DP-8401 de Tablilla a Agromestre por Pontepedra (Tordoia) ao longo de 2,3 quilómetros, e, finalmente, outros 232.497 euros serán para renovar a DP-6602 de Fonte Díaz a Santa Irene ao longo de preto de dous quilómetros de lonxitude.

Pequeño subliñou que, dentro das obras que se someteron á aprobación da Corporación provincial, destacan os máis de 1,1 millóns de euros a ampliación e mellora do trazado da DP-3201 desde a estación de Curtis ao Carregal e Gorza, no termo municipal de Curtis.

Neste caso, segundo o diputado, as tarefas realizaranse ao longo dun quilómetro e permitirán ampliar a estrada dos cinco aos nove metros, creando ao longo do tramo unha senda peonil.

“O orzamento incrementarse un 2,5 % o ano que ven”
{cortina de fume }
Garantir a seguridade
Sol Elvira

que en galicia chove sobre mollado e un tópico ben admitido, e que as súas estradas, sobre todo as secundarias, necesitan dunha inversión constante en mantemento precisamente polas inclemenzas do tempo, e otra verdade de perogrullo. Obras low cost, malas sinalizacións, buratos, falta de beiravías ou de desbroces, calzadas estreitas... estes son algúns dos problemas cos que os condutores ten que lidiar a cotío nunha meirande parte das vías que siguen a presentar un alto íncide de siniestralidade. Por elo non é de estrañar que todos os anos organismos como a Deputación activen plans de mellora destes viais moito máis transitados, a diario, que as autoestradas, e algo moi necesario para frear a sangria de sinistros.

29 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.