Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lembran en Camariñas ás vítimas do ‘Serpent’ no 131 aniversario do naufraxio

O buque da Armada inglesa afundiu na Enseada de Trece // Só lograron salvarse tres dos seus cento setenta e cinco tripulantes

O 10 de novembro de 1890 a costa de Camariñas, concretamente a Enseada de Trece, foi escenario dun dos naufraxios máis tráxicos acontecidos na Costa da Morte: o afundimento do buque acorazado HMS Serpent, con 175 tripulantes a bordo dos que só conseguiron sobrevivir tres.

Zarpara do porto inglés de Plymouth dous días antes con destino a Sierra Leona, previa escala en Madeira. Cando navegaba polas costas galegas foi sorprendido por unha forte marexada con mar de fondo do suroeste. No medio do intenso temporal e na oscuridade da noite, o buque acabou embestindo contra os baixos da zona coñecida como Punta do Boi. Os botes salvavidas foron barridos da cuberta polas ondas e ó capitán, vendo todo perdido, ordeou o “sálvese quen poida”.

Só tres o conseguiron saír con vida: Luxon, Bourton y Gould. O primeiro, despois de vencer ás ondas entre as rochas, a pesar das súas feridas, púxose a camiñar por un sendeiro e escoitou a voz do seu compañeiro Bourton, a quen o mar o levou ata a praia de Trece, segundo se recolle no audiorelato Las flores de la memoria, da Ruta dos Naufraxios deseñada polo concello de Camariñas. O outro sobrevivinte, Gould, foi parar ao pé dunha barraca de carbón, custodiada por unha parella de carabineiros. Os guardias prestáronlle os primeiros auxilios, xa que chegou á costa con múltiples feridas.

Dende aquela escura e tráxica noite, o oceáno foi devolvendo a terra, pouco a pouco, parte dos cadáveres dos náufragos. Uns corpos que foron soterrados, por iniciativa do cura de Xaviña, no coñecido hoxe como Cemiterio dos Ingleses, emplazado ao pé do lugar onde se produxo o naufraxio. Alí descansan os restos do capitán e os oficiais e dos mariñeiros que poideron ser recuperados.

Despois da traxedia, cada vez que un barco da Armada inglesa navegaba pola zona, achegábase á costa para despositar unha coroa de flores e os buques de guerra lanzaban salvas de honra na memoria dos falecidos.

O Cemiterio dos Ingleses forma parte agora da Ruta Europea de Cementerios Singulares, recoñecida como Itinerario Cultural Europeo.

Alí se desprazaron este mércores a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes, para realizar a tradicional ofrenda floral coincidindo co 131 aniversario do afundimento.

Ademais, de xeito paralelo, inaugurouse no paseo marítimo da vila encaixeira a exposición Camariñas, caderno de mar e naufraxios, deseñada pola técnica de Turismo, Rosa Mouzo Pasantes, e organizada polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña. A mostra é unha lembranza dos naufraxios acontencidos na costa camariñana a través de imaxes, recortes de prensa e todo tipo de documentación.

Nela fanse eco, ademais do afundimento do Serpent, doutros buques como o City of Amiens, Yeoman, Nil, o Banora ou o Isabelita, e mesmo do afogamento dun matrimonio de pescadores e das as novas da época sobre a inauguración do faro Vilán.

MUSEO. Por outra banda, o goberno local continúa a dar pasos no proxecto do Museo dos Naufraxios, que servirá para homenaxear a todos os mariñeiros afogados do municipio e agarda que pronto sexa unha realidade.

11 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.