Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Zas. Doce veciños aportaron o seu saber e obxectos únicos a unha exposición que está cargada de recordos // Continuará aberta ao público ata o mes de xaneiro

Lembranzas dos vellos oficios nas Torres do Allo

Carmen Silvariño, cociñeira de Fonte Espiño (Muíño); Juan A. Moura e María D. Recarey, xerentes dun taller mecánico en Zas; Manuel Brenlla, carpinteiro de San Adrián de Castro; Dolores Martínez, costureira de Brandomil; Manuel Fernández, cesteiro de Loroño; Manuel Ferreiro, canteiro de Vila (Meanos); Celestino González, músico de Meanos; María Luisa Roel, mestra de Fornelos (Baio); Ramón Ferreiro, labrego de Baizana (Loroño); Marina Vecino, leiteira de Zas; Alfredo Souto, pirotécnico de Baio; e a perruqueira baiesa María Dolores Gómez son os protagonistas da exposición Recordos dun oficio, que pode verse ata o mes de xaneiro nas Torres do Allo.

Unha mostra que, a través de doce paneis, conta a historia destes veciños e veciñas de Zas e dos seus oficios, acompañados de obxectos singulares que formaron parte das súas vidas e dos seus traballos.

Todos os protagonistas desempeñaron os seus oficios dende a segunda metade do século XX e, a través do seu saber e das súas lembranzas, quenes visiten a exposición poderán achegarse a unha realidade moi diferente á actual. As súas testemuñas permitiron deseñar esta mostra temporal, a través da cal contan unha historia chea de momentos singulares, que falan do emprendemento, da sabedoría e, sobre todo, da afouteza, segundo sinalan dende o Concello de Zas, promotor da iniciativa que está a ter unha gran acollida entre veciños e visitantes.

Os interesados en coñecer máis polo miúdo eses vellos oficios e as historias persoais dos seus protagonistas poden facelo os sábados, domingos e festivos de 11.00 a 19.00 horas nas Torres do Allo.

28 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.