Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Licitan obras de mellora na vía de Tállara a Sanguiñal

Lousame. O Concello de Lousame vén de sacar a licitación por 95.406 euros as obras de reforzo do firme no viario de Sanguiñal a Tállara, que permitirá reforzar o firme nunha lonxitude de case 1 km, entre as interseccións das estradas DP-1104 e DP-1105, para dotar toda a estrada dun firme homoxéneo e adaptado ás características reais do tráfico que soporta. As obras serán financiadas pola Xunta de Galicia de acordo ao convenio de colaboración asinado en xaneiro pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e a alcaldesa de Lousame.

Os traballos consistirán no saneo dos puntos máis deteriorados da estrada e vertedura dunha primeira capa de mestura bituminosa para regularizar o firme. Posteriormente estenderase unha nova capa de rodadura de 4 centímetros sobre toda a estrada.

As obras inclúen tamén a adaptación dos pozos de rexistro e das arquetas existentes á nova rasante, así como a reposición completa das marcas viarias e coa novidade da instalación dunhas bandas sonoras para a redución da velocidade. Unhas actuacións que teñen un prazo máximo de execución dun mes.

As empresas interesadas teñen de prazo para presentar ofertas ata as 23.59 horas do vindeiro 23 de maio. m. c.

10 may 2022 / 21:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.