Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Limparía mellor as rúas e zonas infantís”

Carolina Montero, xurista

    Cargando reproductor ...

Residente en Bertamiráns, casada e cun fillo, ¿que tres cousas faría en favor da veciñanza?

Primeiro centraríame na limpeza do pobo e as zonas infantís, que están bastante descoidadas. Aquí dá bastante o sol e a cativada non ten sombra. En segundo lugar, faría máis actividades para os adolescentes. E en terceiro, publicitaría mellor as propostas que se fan na zona. O certo é que nin te enteras do que está a pasar, nin sequera as ANPAS dos colexios o saben e informan. É unha pena.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O mellor é a tranquilidade. Tamén que tes todos os servizos básicos: un colexio preto da casa, o ambulatorio... Ademais está moi ben comunicado, pois queda ao lado de Santiago, a unha hora da Coruña e a outra hora de Vigo. Estamos no medio e é bastante cómodo. Por outro lado, a menos que queiras mercar en grandes firmas como poden ser Zara, Mango ou Cortefiel, podes atopar de todo sen necesidade de moverte de aquí.

E o que peor leva?

Para min o peor, sobre todo, é o tema da limpeza. Iso é o que máis recalcaría. Habería que centrarse no coidado das rúas e das beirarrúas e, como dixen, tamén nos espazos para os pequenos. Polo demais, estou contenta porque Bertamiráns é un lugar moi cómodo e tranquilo.

02 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.