Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Limpeza de praias, cursos e saídas dende Carballo para avanzar na sustentabilidade

A campaña para recoller lixo de Libera súmase á que haberá o 25 de Adega no Anllóns // Senda Nova impulsa o Outono en marcha

O proxecto Libera regresou na fin de semana a Carballo coa campaña 1m2 polas praias e os mares nunha xornadas de limpeza polas contornas costeriras que durará ata o vindeiro día 25.

Trátase dunha iniciativa promovida por Seo BirdLife, a ONG ambiental decana en España, e Ecoembes, a organización sen ánimo de lucro que promove a economía circular a través da reciclaxe dos envases. E en Carballo súmase tamén a Fundación Luis Calvo Sanz co obxectivo de loitar contra a basuraleza no espazo natural de Baldaio.

Precisamente, o vindeiro 25 de setembro chegará a segunda das actividades que agrupamos baixo a denominación común Naturalmente, outono, porque na estación que está a piques de chegar vanse desenvolver no noso concello iniciativas moi diferentes pero que perseguen un mesmo obxectivo: avanzar cara un Carballo máis sostible. O último domingo de setembro chegará todo un clásico, porque a limpeza simultánea de ríos promovida pola asociación ecoloxista Adega dentro do Proxecto Ríos cumpre 15 anos, e o noso Anllóns nunha falta. Para participar na campaña Móllate polos ríos, na que colabora un ano máis o Concello de Carballo, aínda está aberto o prazo de inscrición. As persoas interesadas só teñen que anotarse enviando os seus datos ao enderezo electrónico m.canedo@udc.es

O Concello de Carballo tamén colabora coa asociación ambiental Senda Nova en actividades como o Outono en marcha, que se presentará o día 29 no Espazo da natureza de Oza, e que formará parte do cartel dinámico do programa Naturalmente, outono, actualizándoseo a medida que avancen as semanas..

O 29 arrincará tamén unha ambiciosa proposta impulsada polo Concello de Carballo e Gestagua na quentratarán de implicar a todas as administracións comprometidas coa sustentabilidade creando un escenario común no que poderán expoñer e compartir experiencias nos ámbitos do ciclo integral da auga, a xestión dos residuos, a eficiencia enerxética e, por suposto, a mobilidade sostible. O Congreso Concellos 2030 celebrarase os días 29 e 30 de setembro no Fórum Carballo, e o prazo de inscrición está aberto a través da páxina web https://concellos2030.gal/, onde tamén está dispoñible toda a información sobre o evento.

E para comezar o mes de outubro temos en cartel outra novidosa e interesante actividade, a Noite de morcegos organizada pola entidade Morcegos de Galicia o 1 en Baldaio, máis curso de compostaxe pra desempregados o 3 ao 14 de outubro (anotacións ata o 22 en residuos@amigosdaterra.net).

19 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.