Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
O museo etnográfico lalinense acolleu a fin de semana un recital e o proceso de recreación da fibra // Participaron máis dunha vintena de persoas TEXTO S. Elvira

Liño e lingua mestúranse na Casa do Patrón

Esta fin de semana tivo lugar no Museo Etnográfico Casa do Patrón de Lalín o gran recital de exaltación da lingua galega no proceso artesanal do liño. O acto celebrouse no exterior da citada instalación, que está ubicada no lugar de Codeseda, na parroquia lalinense de Doade.

Durante a inauguración, o director do museo, Manuel Blanco, procedeu á presentación do Manual lingüístico e didáctico do obradoiro do liño, un libro de pequeno formato, composto por 70 páxinas ateigadas de información e fotos a toda cor sobre o proceso artesanal desta fibra, xa totalmente desaparecido.

Posteriormente procedeuse á recreación do proceso completo do liño (ripado, mazado, deluvado, respadelado, restralado, fiado e tecido) a cargo dos numerosos participantes que alí se deron cita.

Como vén sendo habitual, a xornada incluíu a Foliada da Fía, coa interpretación de cantigas e pezas musicais propias dos antigos fiadeiros, a cargo das formacións Pandereteiras A Xariza de Parada, Grupo de Gaitas Os Trasnos de Doade e Pandereteiras da Casa do Patrón, e o recoñecido solista Manoel de Felisa.

Ademais, as actividades completáronse ca exposición temporal monotemática de pezas de roupa moi variadas, confeccionadas con liño e la, no interior dunha gran sala do museo, e a gravación dun vídeo de 15 minutos de duración para a difusión da actividade nas redes sociais.

Cabe indicar que no evento participaron máis de vinte persoas, a maioría delas mozos e mozas, que nos garanten a transmisión desta ancestral tradición ás futuras xeracións, arroupadas por numeroso público, sentado no exterior ao aire libre, e cumprindo en todo momento a normativa sanitaria que impón a actual situación de pandemia.

07 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.